venres, 24 de febreiro de 2017

Como estar ao día...

Esta entrada está pensada para que vos sexa máis sinxelo saber se hai novas ou non no blogue sen ter que estar entrando cada día.

Recoméndovos que descarguedes unha aplicación para ler os RSS (really simply syndication, algo así como unirte a algo de forma sinxela).

No meu móbil (Android) teño a aplicación "Lector RSS". É a primeira que me saiu cando puxen iso no buscador do Google Play.



Na pantalla do móbil quédavos así.


Cando entredes na aplicación dádelle ao "lapis" que aparece arriba á esquerda.



Despois ao "máis" que está ao lado do cartafol.





Abriravos unha ventaniña blanca que vos pon "Agregar canal (feed). Eu elexin a primeira opción:
"Agregar un canal (feed) personalizado o buscar uno"


A continuación, na seguinte pantalla tendes que escribir a dirección do blogue e poñerlle un título se queredes. Cando lle dedes a "aceptar" xa vos quedará rexistrada a entrada.


Por defecto, actualiza cada 30 minutos, pero podémolo cambiar para non consumir tanta batería nin tantos datos. Facémolo na rosca que hai arriba á dereita.


Abriravos esta pantalla e dándolle a "intervalo entre actualizaciones" podemos varialo dende a cada minuto ata unha por día. Penso que unha diaria é máis que suficiente para estar ao día neste blogue.



Agardo que vos sirva de axuda. Se tedes calquera dúbida, aquí estou para intentar resolvela!



martes, 21 de febreiro de 2017

#RosaliaTE

Quixemos anticiparnos á celebración do Día de Rosalía, que é o 24 de febreiro, porque nos coincide co Entroido.
Aí tedes o vídeo!


Comezamos co tema das plantas

Esta semana comezamos a traballar co tema das plantas.

Trouxemos unhas sementes e uns vasiños baleiros de iogur. Estamos pensando cal é a mellor forma para plantalas e estudiar o seu comportamento.

Isto é o que agardamos obter...



Tamén comezamos a elaborar un "lapbook" con un montón de información que pronto vos presentaremos.

De momento, déixovos uns enlaces para xogar un pouco con este tema, hai apartados que non se traballan pero sempre serve para que nos vaian soando as palabras (seguen estando en castelán e cheos de publicidade...).

As plantas

Este é un pouco máis complicado

Un pouco de todo (novo link)

Un xogo faciliño


sábado, 18 de febreiro de 2017

Exposición dos Animais

Estas semanas pasadas estivemos traballando o tema dos animais. Aquí podedes ver o resultado despois dun par de ensaios.






Estabamos un pouco nerviosos porque era a primeira vez que expoñiamos en público, pero o resultado mereceu a pena.

luns, 13 de febreiro de 2017

Xogamos cos animais

Aquí vos deixo algún xogo sobre o que estivemos aprendendo estes días no cole.

Que son os seres vivos e unha pequena clasificación.

Tipos de alimentación e de nacemento

Puzzles

Un pouco de todo

Elexir a parte de "Animais e prantas"

Perdoade pola publicidade que xera algunha páxina e por non atopar recursos en galego. Sigo buscando =)