Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora, que conmemora a loita e a valentía das primeiras mulleres que esixiron os mesmos dereitos que os homes.
A pesar do tempo transcorrido, a loita por esa igualdade continúa.
Visionamos este vídeo sobre a coeducación e fixémonos preguntas sobre el. Credes que é posible o soño da nai?
Tamén traballamos con esta ficha, primeiro puxemos os nomes ás diferentes profesións e despois tiñamos que colorear aqueles que pensabamos que unha muller podía desenvolver
Esta é unha mostra do resultado...
Como vedes hai de todo... Intentamos facer un debate con dous bandos:
- A favor de que unha muller traballe en calquera profesión.
- En contra, xa que hai traballos que non son para as mulleres.
Fáisenos un pouco complicado expresar a nosa opinión, así que precisamos buscar exemplos de mulleres que traballen neses oficios e cos reultados, obter unha conclusión.
Lembrade que o próximo día debedes traer os exemplos, ben con fotos, ben con debuxos...
Este venres tivemos a visita de COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.
Premendo aquí entraredes na súa web por se vos interesa profundizar máis.
María contounos a historia dun montón de nenos que tiñan algunha dificultade para comunicarse ou para moverse.
Ensinounos como poden ler os cegos, como se poden comunicar as persoas que non falan, como se poden tranquilizar cando se poñen nerviosos...
Deixounos probar o material que eses nenos utilizan no seu día a día.
Encantounos a charla e aprendimos moito sobre as diferentes dificultades que un neno coma nós pode ter.
E lembrade que tiñamos deberes para esta fin de semana...
Tiñamos que contar ou pensar cantos escalóns ou dificultades nos podemos atopar no noso camiño de casa ao cole, se tivesemos que utilizar unha cadeira de rodas...