martes, 26 de setembro de 2017

Pequenos construtores

Aprobeitando que o tema 1 de Sociais é "Un lugar para vivir", durante o mes de outubro seremos os arquitectos da nosa propia vila.

Estes días debedes buscar pola casa caixiñas de medicamentos de cartón, se conseguimos caixas de diferentes tamaños, poderemos diferenciar entre os barrios modernos e antigos, edificios públicos... Tamén haberá sitio para zonas verdes, grandes avenidas e estreitas rúas...

A idea é que quede algo así.





Isto tamén nos servirá para traballar educación vial, xa que deberemos estudiar o tráfico e a colocación das sinais, semáforos e dos pasos de peóns.

Unidades, decenas e centenas

Cos ábacos que temos este ano estámonos convertindo nuns expertos en unidades, decenas e
centenas.

Comezamos con pequenos exercicios de colocación para comezar a entender que o valor das cifras depende da posición onde se encontre.




Lembramos que 10 unidades eran 1 decena, así que fomos colocando os números de un en un, tendo en conta cambiar as 10 fichas azuis por unha vermella para facer o número 10.




Fixemos o mesmo cando chegamos a ter 10 decenas e convertilas en unha centena. Cambiamos as dez fichas vermellas por unha verde, unha centena, cen unidades.




E acabamos traballando por parellas, dicindo números e colocándoos no ábaco.




O seguinte paso será facer sumas coa axuda do ábaco, así comprenderemos mellor ese "me llevo una". E para comprender as restas con levadas vannos vir de marabilla.




luns, 25 de setembro de 2017

Foto oficial

Aquí vos deixamos a foto oficial do curso 2017/2018.


Estivemos adornando un pouquiño o cole para ter un entorno máis chulo e vir con máis ganas.
Esta é a frase que nos vai acompañar este curso. Dá que pensar, eh?



mércores, 20 de setembro de 2017

Canción SuperPixépolis

Este ano nas materias de Matemáticas, Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais acompañarannos uns personaxes un tanto peculiares: os SuperPixépolis.

Comezamos aprendendo a canción coa axuda deste karaoke caseiro e dentro de pouco, comezaremos co uso de toda a información que nos trae a Aula Virtual.

A cantar!!!


luns, 4 de setembro de 2017

Benvidos a segundo!



Ola familia!

Despois de todo o verán e das festas do San Ramón e Santa María, agardo que veñades cas pilas cargadas para seguir desfrutando xuntos das aventuras de cada día.

Este ano cambiamos de edificio, ímonos ao principal, xusto enriba da biblioteca. E tamén estreamos patio, ampliado e renovado!

Vémonos o 11 de setembro!