luns, 29 de xaneiro de 2018

Taller de escritura

Hoxe comezou a funcionar o Taller de escritura, con el queremos conseguir ser capaces de redactar e escribir con corrección, sabendo usar os signos de puntuación, os nexos e coidando a ortografía.




Estamos creando o material de apoio. Cada un de nós teremos este A5 plastificado onde atoparemos frases tipo para comezar as tres partes que ten un conto e tamén, algunhas normas de ortografía moi básicas. 

A idea é facer unha ficha cada día, traballando pouco a pouco a nosa imaxinación e o que é máis importante, saber plasmala nun folio.

Por iso, precisamos un arquivador de dúas argolas. Así colocaremos diariamente as fichas que teñamos feitas. Se algún día non temos tempo, ou nos olvidamos, non pasa nada, podemos recuperala noutro momento. Pero o ideal é que todos teñamos cuberto o arquivador a finais de curso.

xoves, 25 de xaneiro de 2018

Coro Natumayini

O pasado martes fomos ao Auditorio de Vilalba a ver un concerto do coro infantil Natumayini que viñeron desde Uganda para amosar a súa música, da man da ONG "Música para salvar vidas".

Chamaron a un montón de nenos para subir ao escenario e alá foron Andrea e Alba. A ver se as vedes!








Gracias á profe Rocío por gravarnos estas imaxes.

Controlando os ordenadores


Aínda que cada vez a tecnoloxía vira a un modo máis táctil, non debemos olvidar que a maioría de textos ou traballos que presentamos están escritos a ordenador.

Por iso, canto antes comecemos a controlar o teclado e o rato, moito mellor!



Déixovos un par de xogos para iniciarnos:

Xogo de control do rato teño que mover o meu rato para conseguir todas as moedas, pero non podo bater no borde do recadro. Cada vez o recadro móvese máis rápido e teño máis moedas!

Para coñecer a colocación das teclas no teclado, teño catro niveis dependendo da fila que queira traballar. Primeiro tomarei as leccións e cando estea preparada, xogarei ao reto.

         Nivel 1 asdfghjklñ
         Nivel 2 qwertyuiop
         Nivel 3 zxcvbnm,.-
         Nivel 4 1234567890'¡

Para que funcionen todos estes xogos, só tedes que darlle a activar o Adobe Flash Player premendo enriba da peza de puzzle.






xoves, 11 de xaneiro de 2018

Volta ao traballo!

Despois de tanto tempo de vacacións hai algunha cousiña que se nos vai olvidando, así que aquí vos deixo un xogo para repasar as restas con levadas

XOGO