Hoxe tocounos traballar os dobres e as metades en matemáticas, aínda que era materia para a semana pasada...
Cheos de palillos fixemos dobres, triples, metades e terceiras partes.
O principio as preguntas foron sinxelas:
- Colle catro palillos e calcula a metade.
- Agora colle dez e calcula a metade.
Pero pouco a pouco fomos metendo máis dificultades e o inxenio comezou a traballar:
- Temos 13 palillos e calcula a metade.
"Profe, sóbrame un, pero pártoo á metade e xa está". (Falamos do que é o resto).
"Profe, é que o problema é que é impar".
- Cada un ten 4 palillos, como poderiades facer para ter o dobre.
"Partíndoos a metade" (non porque xa non serían palillos enteiros).
"Xunto os meus cos de Icía e así teño o dobre" Bingo!
- Agora tes 3 palillos e tes que buscar o modo de ter o triple do que tes.
"Xunto os meus cos de Icía e Anas e xa está".
Este tipo de aprendizaxe a base da manipulación e do descubrimento fai que sexa moito máis significativo que unha simple ficha e unha explicación na pizarra.