luns, 24 de febreiro de 2020

Entroido 2020

Esta semana foi toda unha antroidada.
Comezou seguindo as ordes do meco e houbo que traer cada día unha cousa diferente: roupa colorida, mandís de panadeiros, calcetíns por fóra, pixamas...




E chegou o venres cunha gran meredola. Trouxemos doces típicos destas festas acompañados dun suculento chocolate quentiño.



















E despois do recreo chegou a nosa adaptación particular e amuñeirada de "Un anillo pa' cuando" de Jennifer López...












San Valentín

Este ano quixemos celebrar o día do amor incondicional, o día de San Valentín. Fixemos corazóns con papeis reciclados e escribimos unha mensaxe "Quérote" para a persoa ou persoas ás que máis queremos, a familia, os amigos...


E pegamos esas mensaxes sobre un fondo negro. Tamén sacamos fotos con alguén ao que queremos.











E todos xuntos porque somos unha clase na que nos queremos todos tal e como somos.



Xogo de multiplicacións

Cando temos un oco libre, seguimos multiplicando a tope. Esta vez cun xogo por parellas moi similar ao xogo dos cadrados.

É moi sinxelo pero temos que saber ben as táboas. Para xogar precisamos ter dous dados de nove caras


Ao tiralos, entenderemos que os dous números como dous factores, multiplicarémolos e buscaremos pola ficha o seu produto. Para poder usar as fichas máis dunha vez, metémolas nunhas fundas e usamos rotuladores de pizarra branca, así teremos diversión sen fin!


E aquí vedes como están xogando e o que é máis importante, aprendendo!







Os oficios da nosa terra

Este é o título do proxecto de biblioteca do cole para este curso e nós estudiaremos o oficio dos oleiros. Esta viaxe comeza elaborando con arxila branca pequenas pezas.







Démonos conta que non é un traballo sinxelo xa que moitas veces rompía e non quedaba como nós queriamos. 
Tardou máis dunha semana en secar e despois tocou o pintado.







Expoñerémolas para que todo o mundo vexa o noso traballo e un par delas irán para a biblioteca.