luns, 15 de outubro de 2018

Lóxica

Esta semana estreamos un novo xogo de para o Obradoiro de Lóxica.





Trátase de colocar as pezas como no modelo e despois, coas restantes, intentar cubrir os ocos en "negro". Parece máis doado do que parece...

Polo de agora, só temos 12 retos, os correspondentes ao nivel de principiantes. Así que sexamos capaces de gañalos, descubriremos máis niveles.

domingo, 7 de outubro de 2018

Táboa do 100

O venres estivemos elaborando unha super táboa do 100 con palillos.

Cada mesa fixo unha decena completa e foina colocando no seu lugar.







Despois, sentamos fomos comprobando se o traballo estaba ben feito.




Faltaron gomas para tantas decenas pero xusto cando o iamos arranxar tocou o timbre do recreo e xa non nos deu tempo. A próxima vez, farémola completa!

Ademais, tivemos a visita da profe Mari e andábamos un pouco nerviosos.

Rutinas semana 3

Esta semana comezamos a segunda volta e facemos o outro mural.













xoves, 4 de outubro de 2018

Xoga un pouco

Este xogo é diferente ao anterior. Aquí tendes que clicar enriba da palabra para que se coloque nos ocos libres. Se te equivocas, só lle tes que dar outra vez á palabra e desaparecerá.

Hai un montón de información extra, es quen de aprendela?


Os músculos

Os músculos

Hoxe tocou a parte muscular. Tan só tivemos que colocar catro músculos no seu lugar así que foi unha tarefa máis sinxela que a anterior.

Sabemos que hai un montón de músculos, pero con estes catro temos suficiente para comezar.












luns, 1 de outubro de 2018

A canción do proxecto

Aquí vos deixo a canción que estamos cantando na aula para aprender o nome dos ósos.

Titúlase "O esqueleto" e é de Migallas.