mércores, 24 de outubro de 2018

Aparato dixestivo

A semana pasada traballamos o aparato dixestivo e aquí vos deixamos o noso traballo.

Tamén un xogo para que practiquedes onde vai cada parte.







O aparato dixestivo

venres, 19 de outubro de 2018

Visa Dojo

O Banco Unha Aventura Cada día reparteu hoxe unha tarxetas de crédito personalizadas.


En cada unha, pola parte de atrás, aparecerán os puntos ClassDojo acumulados.

Esta tarxeta de crédito é intransferible e contén unha banda magnética conectada directamente co ordenador da profe que a mantén actualizada en todo momento.

Lembramos aos usuarios desta tarxeta que o mércores 31 de outubro os puntos quedarán a cero xa que comeza un novo mes. Ademais, durante os seguintes meses tamén se restarán os puntos canxeados por premios co fin de concienciar sobre o gasto e o aforro.





NOVAS CLASSDOJO

A partir de hoxe, o ítem positivo a traballar en ClassDojo é "Rematar no tempo establecido" e o negativo, "Estar mal sentado". De momento os premios grupais quedan cancelados ata novo aviso.

Rutinas semana 5











Chegou o outono ao patio

Comenzan a caer as primeira follas no patio e é un bo momento para falar de follas perennes e caducas (ainda que no libro non toque).





No patio hai un montón de árbores e collimos cada un, tres follas diferentes pero que estivesen no chan. Castiñeiros, carballos, loureiros...


E con todo o que collimos e da forma máis sinxela, pegando as follas nun forro dos libros...



quedaron así de bonitas as fiestras.




xoves, 18 de outubro de 2018

A limpeza é moi importante

Traballar nun entorno limpo é moi importante.

As mesas ensúcianse con pegamentos, ceras, rotuladores... e o mellor é ter á man un limpiador en esprai e un par de baetas.






Ademais de fomentar a autonomía, tamén facemos fincapé en que é unha tarefa de todos, xa que a todos nos gusta traballar nunha mesa limpa.

Parabéns, Lucas!

Hoxe é o cumpreanos de Lucas, ademais do seu santo e celebrámolo co seu conto favorito.

"El león y la valentía"



A lectura en voz alta é un reto nestas idades. Por iso, o mellor é traballala cun conto que teñamos ben aprendido e sexa dos nosos favoritos.

luns, 15 de outubro de 2018

Parabés, Paula!

Hoxe foi o cumpreanos da nosa compañeira Paula e celebrámolo co seu conto preferido

"A historia do can que caeu no tinteiro".



Temos que artellar como facer cos compañeiros que cumpren no verán, nas vacacións, que non viñeron o día do seu cumpre ou que se nos olvidou sacar o libro da mochila e a mestra non se lembrou...