sábado, 3 de novembro de 2018

Manualidades de Samaín

Como estamos inmersos nun programa de reciclaxe, decidimos que o noso traballo de Samaín fose con material de refugallo.

Por iso, cunha botella de leite e un pouco de imaxinación fixemos estes pantasmas.

e o resultado final...

domingo, 28 de outubro de 2018

Rutina semana 6










Traballo por estacións

Esta semana traballamos por primeira vez por estacións.

Esta forma de traballar consiste en repartirnos en grupos de máis ou menos o mesmo número de alumnos. Como había tres estacións diferentes, rapidamente fixeron o reparto "dúas cores por estación", ou o que é o mesmo 8-7 nenos. 

Na primeira estación repasamos todo o aprendido en matemáticas nos dous primeiros temas do libro e ademais, foi a primeira vez que nos enfrontamos a escribir na libreta sen o apoio das liñas.






Na segunda estación traballamos o concepto de cantidade. É un traballo laborioso e debiamos colaborar entre os tres grupos, pero houbo un pequeno problema e non fomos capaces de acabalo.





E na última estación, a táboa do 100 con tapóns, ordenar e moverse por ela con axilidade. Repartimos os tapóns en partes iguais e fomos colocándoos. Houbo grupos que optaron por ir colocando por orden, outros empezaron polas decenas...





Con esta forma de traballar, podemos ofrecer unha educación máis individualizada e axudar nos pequenos problemas que van xurdindo. 

Como foi a primeira vez que se traballou así, houbo momentos tensos nalgunha estación porque todavía nos custa traballar en equipo, aceptar os tempos dos outros compañeiros, acatar normas...

xoves, 25 de outubro de 2018

Aparato respiratorio

Esta semana tocou aprender o proceso da respiración.




Un vídeo interesante para saber algo máis da respiración e sobretodo para coñecer os beneficios de respirar polo nariz e non pola boca.


E por último, un xogo para repasar.



Aparato respiratorio