mércores, 8 de maio de 2019

Chegou o carteiro

Temos carta dos nosos amigos de Cantabria.






Como nos gusta recibir novas súas! Tres de nós quedamos sen ela porque os nosos amigos estaban enfermiños cando as escribiron no cole, pero aínda así nos gustou escoitar as dos compañeiros.

martes, 7 de maio de 2019

Xogos de seguridade viaria

Como xa estamos rematando o noso lapbook de educación viaria e xa controlamos un montón do tema, antes de preparar a exposición, imos xogar un pouco.

Xogo 1 (mellor con tableta)

Xogo 2

Xogo 3


sábado, 27 de abril de 2019

Cumprecontos de Adrián

Adri estivo de cumpre o 19 de abril e o venres leunos este conto sobre "O coelliño branco".



Parabéns, Adrián!

Cumprecontos de Diana

Diana estivo de cumpreanos o 21 de abril e o mércores trouxo este libro de Gloria Fuertes para contarnos a todos.



Parabéns, Diana!

martes, 23 de abril de 2019

Orgullo de clase

Hoxe na garda de recreo achegóuseme unha nena cas mans cheas de lixo e díxome:

- Profe, o patio está moi sucio, podo limpalo un pouco?

Axiña se xuntaron uns dez compañeiros e, cunhas luvas de plástico, deixamos o patio niquelado.

Tiña preparado este vídeo para tratar o tema na clase, xa que é verdade, o patio ultimamente está cheo de bolsiñas de plástico, de briks, de envases de iogur... que nós mesmos arroxamos sen ningún tipo de remordemento.


Aínda non o puxen na clase porque quedei tan orgullosa deles que todavía non o acabo de crer. A ver se para a semana atopo un oco e lle botamos unha ollada. 

Estou segura que serán os mellores ecopatrulleiros do colexio.

venres, 12 de abril de 2019

Boas vacacións!

Resolución dos puntos de ClassDojo de todo o trimestre e tamén coa visita do coello de Pascua, aínda que é unha costume anglosaxona, nós tamén quixemos participar dela.

luns, 8 de abril de 2019

Seguridade viaria

A seguridade viaria é un dos grandes temas que deberiamos tratar na escola, por iso, comezaremos a facer un lapbook para traballala a fondo.

Esta finde semana xa levamos de deberes buscar sinais que estén na nosa contorna, que vexamos habitualmente. A maioría de vós fixestes un traballo excelente e xa temos na clase unha morea delas ben clasificadas.


Rescataremos a Seguriño e cantando con el aprenderemos todo o necesario para ser uns bos peóns!