sábado, 1 de xuño de 2019

Certame Benxamin Paz

Onte foi o Certame Benxamin Paz é así clases de 2° xuntámonos para cantar "Queremos Galego" de Pablo Díaz.

Último ensaio
A actuación estivo xenial!



Tamén actuaron os nenos e nenas de 5°B coa obra de teatro "Escola de Menciñeiros" de Álvaro Cunqueiro e dirixidos pola súa titora María Guerrero.



Desde aquí queremos dar a gracias a todos os que puidestes vir e dar a noraboa a todos os premiados!!  

venres, 31 de maio de 2019

Cumprecontos de Yago e Lucas

Yago fai moito tempo que cumpriu os 8 años,  pero por unha serie de despistes non leu o seu conto ata hoxe.  
Deleitounos coa lectura de Grúfalo que todos volvimos a escoitar encantados. 




E despois foi a quenda de Lucas que nos trouxo o libro "La cebra Camila". 



Parabéns aos dous!!!! 

Repasando as multiplicacións

Unha forma divertida de repasar as táboas de multiplicar é coa baralla. 
Mans á espalda, dicimos o resultado é collemos a carta.









martes, 28 de maio de 2019

Dobres e metades

Hoxe tocounos traballar os dobres e as metades en matemáticas, aínda que era materia para a semana pasada...

Cheos de palillos fixemos dobres, triples, metades e terceiras partes.


O principio as preguntas foron sinxelas:
- Colle catro palillos e calcula a metade.
- Agora colle dez e calcula a metade.

Pero pouco a pouco fomos metendo máis dificultades e o inxenio comezou a traballar:
- Temos 13 palillos e calcula a metade.
"Profe, sóbrame un, pero pártoo á metade e xa está". (Falamos do que é o resto).
"Profe, é que o problema é que é impar".

- Cada un ten 4 palillos, como poderiades facer para ter o dobre.
"Partíndoos a metade" (non porque xa non serían palillos enteiros).
"Xunto os meus cos de Icía e así teño o dobre" Bingo!

- Agora tes 3 palillos e tes que buscar o modo de ter o triple do que tes.
"Xunto os meus cos de Icía e Anas e xa está".


Este tipo de aprendizaxe a base da manipulación e do descubrimento fai que sexa moito máis significativo que unha simple ficha e unha explicación na pizarra.

Cumprecontos de Iria e Daniella

Iria e Daniella naceron o mesmo día, o 15 de maio, pero como desde entón non desfrutamos dun día completo xuntos, tiveron que facer o seu cumprecontos en diferido.

Iria contounos "Un cumpleaños diferente" e acabamos todos cantando a canción.




E Daniella hoxe trouxo este libro tan chulo, "Vampirina quiere ser bailarina". Aprendimos os tres pasos básicos de ballet: plié, relevé e arabesque.



Parabéns as dúas polos 8 anos!

sábado, 25 de maio de 2019

Festival de rás

Estes días estamos de festival de rás en Vilalba.

Só tes que ir ata a Área Recreativa da Madalena e escoitarás as rás buscando parella.