venres, 4 de outubro de 2019

Xogamos coas descomposicións

Mentres o grupo aula estaban traballando nunha ficha, grupiños de catro ou cinco íamos á parte de atrás da aula e xogábamos a descompoñer os números.

Houbo dous tipos de xogos en diferentes dias.

Primeiro a profe nos dicía un número de catro cifras e nós tiñamos que compoñelo.



O outro era ao revés, ela dábanos a descomposición e nós escribiamos os números na pizarra.

Sinónimos á carreira

Traballamos os sinónimos dunha forma un tanto peculiar.

Fixemos dous grupos, pegamos palabras na pizarra e por parellas saíamos a buscar o sinónimo da palabra que dixese a profe. Acabamos memorizando palabras que se só as fixeramos na libreta, xa estarían olvidadas.

xoves, 3 de outubro de 2019

Proxecto das plantas

Para traballar o tema das plantas, primeiro estivemos lendo o libro e sacando actividades ou tarefas que podiamos facer. Encantounos a idea de traer plantiñas á clase para coidalas e tamén, facer un pequeno horto/xardín.

Pero antes de abarcar ese proxecto, temos que traballar certos contidos. Por iso, quixemos traer follas de diferentes plantas para clasificalas segundo a forma e o bordo do seu limbo.


E este foi o resultado.

mércores, 2 de outubro de 2019

Rutinas de xoves pola mañá

Estamos establecendo rutinas na aula para que cando cheguemos pola mañá saibamos o que hai que facer. 
Decidimos adicar dous días ás linguas, dous días ás matemáticas e un ás ciencias.

Os xoves quedaron para as matemáticas. Traballar un número desde varias perspectivas e despois poñer en común as diferentes respostas.


A ficha a cubrir é esta e para non gastar tanto papel compramos unhas fundas para usar sempre a mesma. Só nos fai falla un rotulador de pizarra branca e un borrador.

Semana polo clima


mércores, 25 de setembro de 2019

25 de setembro

Hoxe tocou reflexionar na aula con estes vídeos.


Contamos situacións que nos fomos atopando de xente que tiraba o lixo ou que non era respectuoso co medio ambiente.

Acabamos a conversa coa pregunta "que tipo de persoa nos gustaría ser de maiores?". Respectuosos co medio ou non.