luns, 2 de decembro de 2019
luns, 25 de novembro de 2019
25 de Novembro
Hoxe celebramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero participando en dous grandes proxectos.
O primeiro impulsado desde o CEIP Aquilino Iglesias Alvariño chamado #Equaliter no que levamos participando xa uns anos. Desta vez consistía en que cada un de nós dexase a súa pegada na contorna dun paxaro. E así foi o mural que fixemos entre todo o colexio.
O primeiro impulsado desde o CEIP Aquilino Iglesias Alvariño chamado #Equaliter no que levamos participando xa uns anos. Desta vez consistía en que cada un de nós dexase a súa pegada na contorna dun paxaro. E así foi o mural que fixemos entre todo o colexio.
E tamén partipamos na proposta do Concello de reunirnos todos xuntos na praza da Constitución para ler un manifesto e berrar todos a unha pola erradicación da violencia. Levamos un zapatiños vermello como símbolo de loita.
Sacamos todos unha foto de familia coa camiseta que nos regalou o Concello co lema "Vilalba en Negro".
E ao chegar, unha foto da pequena familia que montamos na clase.
domingo, 24 de novembro de 2019
Os sentidos
Acércase o control sobre os sentidos e déixovos un mini xogo para reforzar algún contido
luns, 18 de novembro de 2019
Inauguración do Dojo Banco
Hoxe (por fin!) inauguramos o Dojo Banco.
Está situado nunha esquina da aula.
Está situado nunha esquina da aula.


Nas caixas hai todo tipo de billetes e moedas, todas co selo do Dojo Banco.
Cada un foi ao caixeiro e sacou en efectivo a cantidade que tiñan nas súas contas.
Despois pasaron pola tenda e a maioría decideu mercar algo, aínda que houbo quen prefireu aforrar.
Desta volta todos os prezos foron sen céntimos, pero as seguintes serán con prezos máis complicados.
Traballar os cartos é algo tremendamente importante. Manexar os billetes e as moedas, saber dar as voltas... Parécenos moi sinxelo desde o punto de vista adulto, pero hoxe houbo un par de preguntas tipo "onde hai o billete de 6€?".
venres, 15 de novembro de 2019
Cumprecontos de Enea
Hoxe Enea trouxo o seu conto do Ratiño Pérez para lernos na clase. Viña firmado e adicado para ela e para o seu irmán Diego.
Parabéns, Enea!
xoves, 14 de novembro de 2019
Magosto 2019
Hoxe celebramos o Magosto no colexio. Viñemos todos disfrazados de choqueiros.
Baixamos ao pavillón a xogar a seis xogos diferentes e despois subimos ás aulas a comer castañas e boliños preñados.
Si, contastes ben. Só hai fotos de cinco xogos. Do sexto non nos lembramos de sacalas e tampouco das castañas nin dos boliños. Pero tedes que comprendelo, estaban boísimos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












































