Hoxe a clase de plástica foi bastante diferente. Á profe entráronlle as ganas de falarnos en inglés e deunos todas as instrucións así. O curioso foi que entendemos sen apenas esforzo, porque temos un vocabulario aprendido pero adormecido no fondo da memoria e coa axuda dalgún xesto, non houbo problema.
xoves, 7 de novembro de 2019
venres, 1 de novembro de 2019
Samaín
O mércores vimos todos disfrazados de cousas terroríficas, bruxas, esqueletes, paiasos asasinos...
Iso que vedes colgando son as nosas pantasmas.
Tamén nos deu tempo a teatralizar o conto "Corre, corre, cabaciña" para contárllelo a infantil e aos compis de primeiro curso.
E aquí vos deixo o vídeo da representación no patio de infantil.
Traballo por estacións
A semana pasada tocou estudar o que é unha sílaba tónica e unha sílaba átona e como se chaman as palabras segundo a posición da súa sílaba tónica.
Todo isto fixémolo repartido en estacións de 12 minutos cada unha.
Estación 1: ficha coa explicación por escrito e un par de exercicios de repaso




Estación 2: xogo de patacas fritidas. Coloca cada pataca fritida na caixiña que lle corresponda.




Estación 3: traballo na libreta. Como a clasificación de palabras é a mesma para castelán que para galego, fixemos exercicios nas dúas linguas.




Estación 4: dominó de palabras.




Todo isto fixémolo repartido en estacións de 12 minutos cada unha.
Estación 1: ficha coa explicación por escrito e un par de exercicios de repaso




Estación 2: xogo de patacas fritidas. Coloca cada pataca fritida na caixiña que lle corresponda.




Estación 3: traballo na libreta. Como a clasificación de palabras é a mesma para castelán que para galego, fixemos exercicios nas dúas linguas.




Estación 4: dominó de palabras.




xoves, 24 de outubro de 2019
"COÑÉCETE"
Hoxe foi o último día do programa de educación afectivo-sexual que nos deu Raquel.
Nel falamos e verbalizamos dúbidas que habitualmente nos dá un pouco de vergonza falar cos nosos pais, coñecimos partes do noso corpo cos seus verdadeiros nomes e quedamos moi contentos das tres sesións que tivemos con ela.
martes, 22 de outubro de 2019
Bruxa e familia
Hoxe coñecemos a Paula Carballeira. O seu libro "Bruxa e familia" xa levaba unhas semanas dando voltas pola clase para lelo despois do recreo.
Houbo quen aproveitou o tempo e o devorou e quen pasou as páxinas sen máis, pero seguro que despois do día de hoxe, todos quedamos cas ganas de volver a lelo.
martes, 8 de outubro de 2019
domingo, 6 de outubro de 2019
Repasando
Estivemos repasando o tema 1 de matemática, dez exercicios durante unha hora e non nos demos conta.
A profe colocou tarxetas pola aula e tiñamos que buscalas e anotar as respostas na folla de recollida que nos proporcionou.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























