luns, 19 de decembro de 2016
xoves, 8 de decembro de 2016
Día internacional das persoas con discapacidade
O pasado 3 de decembro foi o Día internacional das persoas con discapacidade. Como sabedes, participamos nun proxecto do CEE Infanta Elena de Monforte co lema:
Aquí tendes o resultado
ANTE A DESIGUALDADE DE OPORTUNIDADES NON TE QUEDES CONXELADO, ACTÚA!
xoves, 1 de decembro de 2016
Mellorar a concentración
Para mellorar a concentración dos nosos fillos e fillas non hai que facer tediosas actividades nin telos sentados moito tempo.
Como case todo, a concentración tamén se entrena.
Hai infinidade de métodos pero un dos máis sinxelos é propoñer exercicios nos que teñan que estar atentos para conseguir un fin.
Por exemplo, esta ficha...

Simplemente consiste en rematar un debuxo atendendo ao modelo. É unha tarefa fácil e rápida que lles permite facela ben sen moito esforzo. É positivo comezar con este tipo de traballos para que o neno se motive e acabe, pouco a pouco, aumentando a súa capacidade de concentración.
Aquí vos deixo un vídeo da clase traballando con esta ficha. Subide o audio para oír o silencio!
Como coller mellor o lapis
Moitos de vós estades preocupados por como collen os vosos fillos e fillas o lapis.
Aquí vos dou algúns exercicios para mellorar a pinza dixital, un mellor control dela permite que tomen o lapis dun xeito máis apropiado.
A maioría consisten en xogar. Os xogos poden facer mellorar as habilidades para controlar mellor o lapis.
- Facer debuxos libres.
- Practicar debuxando círculos, liñas rectas, horizontais, verticais ou oblicuas.
- Xogar con plastilina, moldeando bólas cos dedos índice e polgar.
- Rasgar papeis, recortar trozos cas mans.
- Facer bólas grandes e pequenas de diferentes tipos de papel.
- Picar cun punzón.
- Ensartar nun cordel boliñas de plástico ou macarróns para facer un colar.
- Coller cos dedos unha a unha lentellas ou garavanzos e metelos nunha botella.
- Abrochar e desabrochar botóns.
- Xogar con construcións.
- Abrir e pechar tapóns de rosca das botellas.
- Mondar cos dedos unha mandarina ou un plátano.
Todo isto nos sirve para que desenvolvan tanto a pinza como a destreza óculo-manual tan necesarios para enfrentarse á escritura.
Outro modo para axudarlles a coller o lapis correctamente é o seguinte.

De todos modos hai que ter en conta que a maioría de expertos recomenda non cambiar o modo de collelo se o neno ou nena non amosa moita tensión na man e ten unha boa grafía.
venres, 18 de novembro de 2016
xoves, 17 de novembro de 2016
FOTO OFICIAL
Por fin temos todos os permisos e podemos comezar con esta aventura. Así que aquí estamos as nenas e os nenos de 1º B preparados para pasar un ano inolvidable todos xuntos!
xoves, 15 de setembro de 2016
BENVIDA A UNHA NOVA AVENTURA
Ola!
Quero darvos a benvida ao novo curso no que os vosos fillos e fillas se sumerxen no mundo da educación primaria.
Neste blog poderedes atopar información sobre o que está a suceder na aula. Tamén irei colgando material sobre o que estemos a traballar en clase.
Comezamos!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)