xoves, 1 de decembro de 2016

Como coller mellor o lapis

Moitos de vós estades preocupados por como collen os vosos fillos e fillas o lapis.

Aquí vos dou algúns exercicios para mellorar a pinza dixital, un mellor control dela permite que tomen o lapis dun xeito máis apropiado.

A maioría consisten en xogar. Os xogos poden facer mellorar as habilidades para controlar mellor o lapis.

- Facer debuxos libres.
- Practicar debuxando círculos, liñas rectas, horizontais, verticais ou oblicuas.
- Xogar con plastilina, moldeando bólas cos dedos índice e polgar.
- Rasgar papeis, recortar trozos cas mans.
- Facer bólas grandes e pequenas de diferentes tipos de papel.
- Picar cun punzón.
- Ensartar nun cordel boliñas de plástico ou macarróns para facer un colar.
- Coller cos dedos unha a unha lentellas ou garavanzos e metelos nunha botella.
- Abrochar e desabrochar botóns.
- Xogar con construcións.
- Abrir e pechar tapóns de rosca das botellas.
- Mondar cos dedos unha mandarina ou un plátano.

Todo isto nos sirve para que desenvolvan tanto a pinza como a destreza óculo-manual tan necesarios para enfrentarse á escritura.


Outro modo para axudarlles a coller o lapis correctamente é o seguinte.


De todos modos hai que ter en conta que a maioría de expertos recomenda non cambiar o modo de collelo se o neno ou nena non amosa moita tensión na man e ten unha boa grafía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario