luns, 26 de xuño de 2017

Comeza o verán

Co comezo do verán damos por terminada esta aventura xuntos.

Todo un ano no que aprendimos uns dos outros e sempre cun sorriso debuxado na cara.

Pasamos momentos bos e regulines (porque non creo que os houbese malos) que nos fixeron entrar con seguridade na educación primaria.

O ano que vén teredes outra nova aventura, nun edificio novo e quen sabe se cun profe novo.

Douvos as gracias por acompañarme durante este curso e agardo volver a encontrarnos o ano que vén.

Un saúdo!
Patricia

venres, 16 de xuño de 2017

xoves, 15 de xuño de 2017

xoves, 1 de xuño de 2017

Axudas para os libros de texto

Facemos unha parada na publicación de vídeos, para darvos un pouco de información sobre a adquisición dos libros para o ano que vén.

O 16 de maio de 2017 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Podedes acceder a ela pinchando aquí.


LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

O lugar para entregar as solicitudes en formato papel é a secretaría do centro.

O prazo de presentación remata o 23 de xuño (incluído) e debedes entregar só unha solicitude por familia, é dicir, de ter dous ou máis nenos neste cole, só fai falla unha solicitude.

É moi importante que firmedes a solicitude e con ela implicarase que aceptades as bases da convocatoria, que cumprides os requisitos esixidos e que os datos que indicades son certos. Tamén que vos comprometedes a devolver en bo estado o material que sexa preciso.


DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

-Copia do Libro de familia, sentenza xudicial de separación, certificado de convivencia ou informe de servizos sociais...

-No caso de discapacidade dalgún membro da familia, o certificado emitido polo órgano competente.


DATAS A TER EN CONTA

Os primeiros días de xullo (ambos incluidos) entregaranse os "vales" para a axuda dos libros de 2º e para o material escolar.


CONTÍA DA AXUDA

Para o 2º curso entregaranvos un "vale" para comprar os libros que dependerá da vosa renda per cápita.

-Se é igual ou menor a 5.400: 170€
-Se está entre os 5.400 e os 9.000: 90€

Para o alumnado con NEE ou con discapacidade igual ou superior ao 65% a contía é sempre de 250€.

A "axuda para o material" tamén será un "vale" de 50€ se a renda é igual ou inferior a 5.400€



DOCUMENTACIÓN


ENLACES DE AXUDA




E lembrade que na Secretaría do Centro sempre vos podemos botar unha man para todo este papeleo...