Facemos unha parada na publicación de vídeos, para darvos un pouco de información sobre a adquisición dos libros para o ano que vén.
O 16 de maio de 2017 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario
de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material
escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con
fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
Podedes acceder a ela pinchando aquí.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
O lugar para entregar as solicitudes en formato papel é a secretaría do centro.
O prazo de presentación remata o 23 de xuño (incluído) e debedes entregar só unha solicitude por familia, é dicir, de ter dous ou máis nenos neste cole, só fai falla unha solicitude.
É moi importante que firmedes a solicitude e con ela implicarase que aceptades as bases da convocatoria, que cumprides os requisitos esixidos e que os datos que indicades son certos. Tamén que vos comprometedes a devolver en bo estado o material que sexa preciso.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
-No caso de discapacidade dalgún membro da familia, o certificado emitido polo órgano competente.
DATAS A TER EN CONTA
Os primeiros días de xullo (ambos incluidos) entregaranse os "vales" para a axuda dos libros de 2º e para o material escolar.
CONTÍA DA AXUDA
Para o 2º curso entregaranvos un "vale" para comprar os libros que dependerá da vosa renda per cápita.
-Se é igual ou menor a 5.400: 170€
-Se está entre os 5.400 e os 9.000: 90€
Para o alumnado con NEE ou con discapacidade igual ou superior ao 65% a contía é sempre de 250€.
A "axuda para o material" tamén será un "vale" de 50€ se a renda é igual ou inferior a 5.400€
DOCUMENTACIÓN
ENLACES DE AXUDA
E lembrade que na Secretaría do Centro sempre vos podemos botar unha man para todo este papeleo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario