mércores, 29 de novembro de 2017

Certame de poesía infantil "Nadal 2017"

A Biblioteca Pública Municipal de Vilalba convoca o


CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2017" 






coas seguintes bases:

- Poden participar todos os nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico do "O Nadal".

- Establécense tres categorías (nós estariamos na A, ata 8 anos).

- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

- O prazo de presentación dos poemas rematará o 21 de decembro de 2017, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL.

- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.

- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2018.

- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública de LUgo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

- A presentación das obras a este certame supoñen a aceptación das presentes bases.



SACA A TÚA VEA POETA, ANÍMATE A PARTICIPA!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario