Esta última semana de cole foi unha locura... Rematamos o traballo dos libros, fixemos moitísimos problemas de matemáticas, completamos o flipbook "Xa queda pouco para Nadal!" e un montón de cousas máis.
Quedan tres días para Nadal e tres boliñas na barba de Papá Noel por poñer (algún apurado colocou a súa antes de tempo...).
Recibimos a visita do embaixador do Rei Baltasar e reparteu un regaliño para cada un!
Decoramos a entrada do cole, adiviñades cal é a nosa bóla?
Fomos quen de aguantar a tentación de comer as bólas de chocolate que colgaban da árbore da nosa porta e hoxe tivemos a recompensa, papámolas todas!
E sesión de cine con "La vida de Calabacín" cos compas de 2ºA, merendola incluída.
Un pouco de música, un gran abrazo e quedamos emprazados para o martes 8 de xaneiro. Vide coas pilas recargadas porque vai haber moitas cousas novas!
E a vós, mamás e papás, moitísimas gracias por deixar nas miñas mans a educación dos vosos fillos. Síntome moi querida e valorada e iso faime ter ganas de seguir creando cousas para eles.
Boas festas a todos!
Boas festas a todos!