Esta semana levamos para casa unha caixiña que poñía Pilabot. Moitos xa a trouxestes chea, pero quería explicarvos un pouco máis en que consiste o proxecto.
Pilabot é unha campaña/concurso de recollida de pilas e acumuladores de enerxía. Preténdese con ela fomentar o coidado e respecto ao medio ambiente e concienciar sobre a recollida selectiva do lixo.
Pero, que pilas valen? Case todas... Cilíndricas de calquera tamaño, cadradas, de botón, as baterías dos teléfonos móbiles e tamén dos portátiles, de xoguetes eléctricos e electrónicos, de ferramentas portátiles...
Podedes traelas todas ata o 31 de xaneiro e depositalas no colector que estará colocado na entrada co distintivo de Pilabot. Despois a empresa organizadora virá para pesalo e os dous colexios que máis quilogramos consigan gañaran un premio.
Déixovos o enlace a Pilabot por se lle queredes botar un ollo, preme aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario