venres, 23 de marzo de 2018

Semana da árbore e da auga

Esta foi unha semana de celebracións, o 21 foi o Día da Árbore e o 22 o Día da Auga.

Estivemos recordando o ciclo da auga e a importancia de non desperdiciala. A conversa chegou ata os verquidos tóxicos, ao desxeo dos casquetes polares e as súas consecuencias, o coidado das augas subterráneas...

Tamen levamos para casa "A invención do salgueiro", un libro que temos que ler pouco a pouco xa que é bastante extenso.

E hoxe plantamos un salgueiro ao que lle tivemos que poñer nome. Ainda que no sorteo non saleu o noso, estamos moi contentos de ter plantado a Tuti-Fruti. Ademais, Icía tuvo o placer de botar unha man.




xoves, 22 de marzo de 2018

Obradoiro de escritura

Aínda que xa comezou hai semanas, querémosvos ensinar o recuncho do Obradoiro de escritura.


Enriba do armario dos libros, colocamos os arquivadores.


E ao carón del, estas bandexas que conteñen as fichas para ir facendo pouco a pouco.






martes, 20 de marzo de 2018

Benvida, primavera!

Levamos un inverno cheo de neve e chuvia, agardando á luz da primavera.

Dámoste a benvida con este súper selfie!


martes, 6 de marzo de 2018

luns, 5 de marzo de 2018

Os animais

Comezamos tema novo en Naturais, así que aquí vos deixo uns vídeos con bastante información.
Deste tema faremos un Lapbook do que xa temos preparada a portada.