venres, 23 de marzo de 2018

Semana da árbore e da auga

Esta foi unha semana de celebracións, o 21 foi o Día da Árbore e o 22 o Día da Auga.

Estivemos recordando o ciclo da auga e a importancia de non desperdiciala. A conversa chegou ata os verquidos tóxicos, ao desxeo dos casquetes polares e as súas consecuencias, o coidado das augas subterráneas...

Tamen levamos para casa "A invención do salgueiro", un libro que temos que ler pouco a pouco xa que é bastante extenso.

E hoxe plantamos un salgueiro ao que lle tivemos que poñer nome. Ainda que no sorteo non saleu o noso, estamos moi contentos de ter plantado a Tuti-Fruti. Ademais, Icía tuvo o placer de botar unha man.




Ningún comentario:

Publicar un comentario