mércores, 11 de abril de 2018

Tíos Gilitos

Estes días en mates estamos a traballar os cartos.

Primeiro familiarizámonos cos billetes e moedas que temos na caixa de material.

Despois empezamos a facer pagos faciliños.

E aquí está o resultado dos pagos un pouco máis difíciles que fixemos por parellas. Auténticos tios Gilito!!




O universo

Hoxe comezamos o tema do universo en Ciencias Sociais e como nos gustou bastante como comeza ímos traballar un pouco máis a fondo con el.

Para empezar, déixovos un par de xogos para ir entrando en materia (tedes que habilitar ou permitir o que sae de Adobe).



mércores, 4 de abril de 2018

VIII Concurso de Carteis da Festa do Queixo de San Simón da Costa 2018

Como vos contei hoxe na clase, o venres 6 de abril é o último día para participar neste concurso, así que aquí vos escribo as bases:

1.- Participantes: poderán concursar todos os nenos e nenas que cursen estudios de Primaria en calquera dos centros educativos do Concello de Vilalba.

2.- Número de obras: unha por autor.

3.- Temática: o cartel debe reflexar a visión que os nenos teñen sobre este produto tradicional autóctono, sobre a súa historia e/ou sobre a súa repercusión e influencia na sociedade e en concreto na súa vila e na súa gastronomía.

4.- Texto e requisitos: o cartel debe incorporar o seguinte texto "FESTA DO QUEIXO DE SAN SIMÓN DA COSTA. VILALBA 2019".

5.- Técnica e presentación: non existirán límites de tintas nin de procedementos. Cada neno pode adoptar a técnica artística que máis lle guste.

6.- Tamaño: libre.

7.- Prazo e lugar de presentación: o prazo de presentación remata o 6 de abril. Nas obras non aparecerán nin o nome nin a sinatura do autor. Debe consignarse no dorso o título ou lema da obra. Ese mesmo título ou lema figurará nun sobre pechado no que se incluirá, unha vez cuberto, o boletín de inscrición que acompaña as bases ou no seu defecto deberanse facer constar os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, enderezo postal e teléfono. Cando se produza a recepción do traballo asignarase igual número ó sobre e ó traballo, para os efectos de identificación.



8.- Premio: algún haberá ;)

9.- Entrega de premios: a entrega de premios levarase a cabo o sábado 7 de abril, na praza do Concello de Vilalba, xusto despois do pregón sobre as 19:00.



luns, 2 de abril de 2018

Elixe...

Mañá xa volvemos ao traballo e aínda nos quedou pendente rematar o libro dos animais.

Unha das partes que o compoñen é un sobre con curiosidades, así que preme na imaxe e podes descubrir ata corenta!


Debes escoller cinco para o teu libriño.