Como vos contei hoxe na clase, o venres 6 de abril é o último día para participar neste concurso, así que aquí vos escribo as bases:
1.- Participantes: poderán concursar todos os nenos e nenas que cursen estudios de Primaria en calquera dos centros educativos do Concello de Vilalba.
2.- Número de obras: unha por autor.
3.- Temática: o cartel debe reflexar a visión que os nenos teñen sobre este produto tradicional autóctono, sobre a súa historia e/ou sobre a súa repercusión e influencia na sociedade e en concreto na súa vila e na súa gastronomía.
4.- Texto e requisitos: o cartel debe incorporar o seguinte texto "FESTA DO QUEIXO DE SAN SIMÓN DA COSTA. VILALBA 2019".
5.- Técnica e presentación: non existirán límites de tintas nin de procedementos. Cada neno pode adoptar a técnica artística que máis lle guste.
6.- Tamaño: libre.
7.- Prazo e lugar de presentación: o prazo de presentación remata o 6 de abril. Nas obras non aparecerán nin o nome nin a sinatura do autor. Debe consignarse no dorso o título ou lema da obra. Ese mesmo título ou lema figurará nun sobre pechado no que se incluirá, unha vez cuberto, o boletín de inscrición que acompaña as bases ou no seu defecto deberanse facer constar os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, enderezo postal e teléfono. Cando se produza a recepción do traballo asignarase igual número ó sobre e ó traballo, para os efectos de identificación.
8.- Premio: algún haberá ;)
9.- Entrega de premios: a entrega de premios levarase a cabo o sábado 7 de abril, na praza do Concello de Vilalba, xusto despois do pregón sobre as 19:00.
Ningún comentario:
Publicar un comentario