domingo, 28 de outubro de 2018

Traballo por estacións

Esta semana traballamos por primeira vez por estacións.

Esta forma de traballar consiste en repartirnos en grupos de máis ou menos o mesmo número de alumnos. Como había tres estacións diferentes, rapidamente fixeron o reparto "dúas cores por estación", ou o que é o mesmo 8-7 nenos. 

Na primeira estación repasamos todo o aprendido en matemáticas nos dous primeiros temas do libro e ademais, foi a primeira vez que nos enfrontamos a escribir na libreta sen o apoio das liñas.






Na segunda estación traballamos o concepto de cantidade. É un traballo laborioso e debiamos colaborar entre os tres grupos, pero houbo un pequeno problema e non fomos capaces de acabalo.





E na última estación, a táboa do 100 con tapóns, ordenar e moverse por ela con axilidade. Repartimos os tapóns en partes iguais e fomos colocándoos. Houbo grupos que optaron por ir colocando por orden, outros empezaron polas decenas...





Con esta forma de traballar, podemos ofrecer unha educación máis individualizada e axudar nos pequenos problemas que van xurdindo. 

Como foi a primeira vez que se traballou así, houbo momentos tensos nalgunha estación porque todavía nos custa traballar en equipo, aceptar os tempos dos outros compañeiros, acatar normas...

Ningún comentario:

Publicar un comentario