Xa facía tempo que non traballabamos por estacións e como estamos rematando o trimestre e os libros, estamos un pouco apurando todo. Quedan follas por rematar no libro e conceptos por repasar, así que misturamos todo con un pouquiño de xogo.
Na estación das matemáticas, despois de traballar no libro a numeración, xogamos o parchís sumando mentalmente, nada de contar de unha en unha. Iso é para covardes!
Na estación das linguas, despois de ler e facer unhas preguntas sobre un poema astronómico, estivemos descubrindo cousas sobre varias temáticas cos libriños Abrementes.
Na estación da biblioteca, despois de facer o repaso á táboa do 4 en grupo (ai, como nos segue custando traballar e poñernos de acordo...) xogamos coas multiplicacións na táboa do 100.
E na estación das ciencias, despois de traballar un pouco no libro de sociais, xogamos a descubrir un animal facendo preguntas ás que só podiamos contestar si ou non.