xoves, 7 de marzo de 2019

Novo concepto

Hoxe comezamos cos corpos xeométricos e para facelo un pouco máis vivencial cada grupo tivo que montar oito.

Catro pirámides: con base triangular, cuadrangular, pentagonal e o tetraedro.

Catro prismas: con base triangular, cuadrangular, pentagonal e o hexaedro.



Montalos non é tarefa fácil. Hai que ter moita paciencia, perseverancia, curiosidade... Houbo grandes resultados para ser a primeira vez que traballan con este tipo de material, que, repito, non é nada doado.


Despois xogamos un pouco con eles e puxemos a proba a memoria a curto prazo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario