sábado, 27 de abril de 2019

Cumprecontos de Adrián

Adri estivo de cumpre o 19 de abril e o venres leunos este conto sobre "O coelliño branco".



Parabéns, Adrián!

Cumprecontos de Diana

Diana estivo de cumpreanos o 21 de abril e o mércores trouxo este libro de Gloria Fuertes para contarnos a todos.



Parabéns, Diana!

martes, 23 de abril de 2019

Orgullo de clase

Hoxe na garda de recreo achegóuseme unha nena cas mans cheas de lixo e díxome:

- Profe, o patio está moi sucio, podo limpalo un pouco?

Axiña se xuntaron uns dez compañeiros e, cunhas luvas de plástico, deixamos o patio niquelado.

Tiña preparado este vídeo para tratar o tema na clase, xa que é verdade, o patio ultimamente está cheo de bolsiñas de plástico, de briks, de envases de iogur... que nós mesmos arroxamos sen ningún tipo de remordemento.


Aínda non o puxen na clase porque quedei tan orgullosa deles que todavía non o acabo de crer. A ver se para a semana atopo un oco e lle botamos unha ollada. 

Estou segura que serán os mellores ecopatrulleiros do colexio.

venres, 12 de abril de 2019

Boas vacacións!

Resolución dos puntos de ClassDojo de todo o trimestre e tamén coa visita do coello de Pascua, aínda que é unha costume anglosaxona, nós tamén quixemos participar dela.

luns, 8 de abril de 2019

Seguridade viaria

A seguridade viaria é un dos grandes temas que deberiamos tratar na escola, por iso, comezaremos a facer un lapbook para traballala a fondo.

Esta finde semana xa levamos de deberes buscar sinais que estén na nosa contorna, que vexamos habitualmente. A maioría de vós fixestes un traballo excelente e xa temos na clase unha morea delas ben clasificadas.


Rescataremos a Seguriño e cantando con el aprenderemos todo o necesario para ser uns bos peóns!