- Profe, o patio está moi sucio, podo limpalo un pouco?
Axiña se xuntaron uns dez compañeiros e, cunhas luvas de plástico, deixamos o patio niquelado.
Tiña preparado este vídeo para tratar o tema na clase, xa que é verdade, o patio ultimamente está cheo de bolsiñas de plástico, de briks, de envases de iogur... que nós mesmos arroxamos sen ningún tipo de remordemento.
Aínda non o puxen na clase porque quedei tan orgullosa deles que todavía non o acabo de crer. A ver se para a semana atopo un oco e lle botamos unha ollada.
Estou segura que serán os mellores ecopatrulleiros do colexio.
Bravo polos nen@s e pola profe
ResponderEliminar