mércores, 25 de setembro de 2019

25 de setembro

Hoxe tocou reflexionar na aula con estes vídeos.


Contamos situacións que nos fomos atopando de xente que tiraba o lixo ou que non era respectuoso co medio ambiente.

Acabamos a conversa coa pregunta "que tipo de persoa nos gustaría ser de maiores?". Respectuosos co medio ou non.




martes, 24 de setembro de 2019

Unidades de millar

Vaia lío montamos hoxe na clase de matemáticas!

Comezamos a traballar cos números de catro cifras e non atopamos problema algún se os temos que ler ou escribir, pero cando chegou a hora de descompoñer...

- Profe, eu esto non o entendo.
- Profe, a min esto non me sae.

Recollimos libros e libretas e comezamos polo máis básico, aínda que cun pouco de picaresca. A tarefa a realizar foi

CONTAR MIL PALILLOS DE MADEIRA

Fácil... Pero a profe de cada pouco foi remexendo ou aumentando os palillos que había na mesa e tiñamos que volver a empezar todo o rato, así que aquí empezaron as estratexias.

"Aprender a aprender" e "Sentido de iniciativa e espíritu emprendedor" son dúas das competencias clave que temos que traballar na aula e con este tipo de tarefas é como axudamos ao sen desenvolvemento.





Buscar formas de solucionar problemas e intentar posibles camiños, aínda que non sempre cheguen a bo porto, é moito mellor que agardar a que outros pensen por min. O sentido de iniciativa tamén se ten que entrenar e para isto facemos este tipo de tarefas.

Ao final, despois de comezar a contar varias veces, un grupo decidiu facer grupos de dez (decenas!!), dous grupos decidiron facer grupiños de 50 e outro, de 40.

Mañá seguimos...

24 de setembro

Non hai nada mellor para concienciarnos do coidado do noso entorno que axudar a mantelo limpo. Baixar ao patio con luvas reutilizables e ver todo o lixo que se foi acumulando ao longo dos anos fíxonos reflexionar sobre o dano que lle estamos facendo ao planeta.











A educación ambiental debería estar máis presente nas nosas aulas e para iso o mellor é saír fóra, ver, observar, reflexionar sobre o visto e actuar!

luns, 23 de setembro de 2019

23 de setembro

Esta é unha mostra do minuto en silencio que gardamos coa man no corazón porque estamos moi sentidos co que está a pasar no noso planeta.


#silencioxelplaneta
#climatestrike

domingo, 22 de setembro de 2019

Semana polo clima

Esta semana estaremos traballando dentro da proposta de Teachers for future. 

Aínda que desde o cole fixemos un pequeno cambio para axustala á nosa situación.


Cumpreconto de David

Hoxe é o cumpreanos de David e quixo celebralo o venres cos seus amigos. Elixiu ler o libro "BadPat: la biblioteca chamuscada" que llo regalara un bo amigo.




Parabéns, David!

venres, 20 de setembro de 2019

Na clase de Ciencias Naturais...

Na clase de Ciencias Naturais estamos un pouco revolucionados.

Revisamos o libro e démonos de conta que o tema que trata sobre as plantas coincídenos en pleno inverno, polo que decidimos trasladalo para principios de curso para poder estudiar máis detidamente as follas das árbores.

Ademais, como temos unhas fiestras cheas de luz decidimos aproveitalas e traer algunha plantiña para coidala e vela medrar.

Tamén se nos ocurriu facer un pequeno horto ou xardín, pero antes de poñernos mans á obra temos que pedir os permisos pertinentes.

Facer este tipo de proxectos vai moito máis alá do tema das plantas. Teremos que estudar o clima no que estamos para decir que se pode plantar, calcular os metros cadrados para traballalos, buscar a mellor orientación e colocación das plantas, ter en conta as precipitacións e días de sol para prever posibles inundacións ou secas...


Na clase de Ciencias Sociais...

Nestes primeiros días de curso, aproveitaremos as clases de Ciencias Sociais para traballar os aspectos relacionados cos 3 R: reciclar, reducir e reutilizar.

Este ano seremos os encargados da Ecopatrulla e temos que ter moi claro que vai a cada colector. Por iso, ademais de buscalo na casa, tamén fomos a aula de informática para investigar pola nosa conta.























Tamén estamos elaborando uns carteis, pero xa os ensinaremos máis adiante.

Benvidos a 3ºA!

Aínda non podemos poñer a foto de grupo oficial porque faltan autorizacións, pero non podiamos agardar máis para dar a benvida a este curso.

Subimos á planta de arriba e comezamos unha nova etapa nas nosas vidas. Dous anos por diante comigo como profe e seguro que un montón de aventuras xuntos.