xoves, 9 de xaneiro de 2020

A multiplicar!

Comezamos o trimestre dándolle a tope ás  táboas de multiplicar. Pero o que podería ser unha tarefa , nós fixémolo con xogos. 

1° ESTACIÓN:  por parellas tivemos que buscar multiplicacións e resultados. 



2° ESTACIÓN:  memory para repasar ás táboas do 2, 3, 4 e 5.


3° ESTACIÓN:  xogando coa baralla. Un reparte e propón o primeiro factor e o azar das cartas é o segundo. Mans na espalda, dicimos cal é o produto e collo a carta. 


4° ESTACIÓN:  oca de multiplicar. 


5° ESTACIÓN:  igual que a estación 2 pero coas táboas do 6, 7, 8 e 9.


6° ESTACIÓN:  tangram de multiplicar. Se xunto a multiplicación co resultado, completo unha figura. 



Estivemos durante unha sesión multiplicando sen parar. O curioso foi que os últimos 20 minutos de clase, cando tocou xogar nos obradoiros, os que foron ao Obradoiro de cálculo elexiron seguir multiplicando. 

Está claro que xogando apréndese mellor. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario