xoves, 25 de xuño de 2020

Para o curso que vén

Bo día!

Xa están en marcha diferentes prazos:


- Solicitude de praza de comedor: do 22 de xuño ata o 10 de xullo.



- Solicitude de transporte escolar: ata o 15 de xullo.



Se alguén ten irmáns en infantil, tamén saiu a axuda para comprar o material. Preme aquí e irás directo á web do cole.

venres, 19 de xuño de 2020

Dúas escritoras!

Hoxe o Concello revelou os gañadores do Concurso de Microrrelato.

Noraboa!!!


VENRES 19

Bo día, rapaciñas e rapaciños!!

Último día de cole... que estrano se fai non facelo xuntos, verdade? Pero recordade que hoxe é un día de festa!

Osos Pandas GIFs | Tenor



Así que imos pasar esta preciosa mañá vendo aos tres mosqueteiros de 3º A corrixindo os seus tres problemas. 








E xa non hai máis problemas para este curso. 😎


Tamén imos recordar todo o que fixestes durante este tempo de reclusión caseira. Queremos dicirvos que as profes estamos abraiadas coa vosa capacidade de traballo e a actitude tan positiva que conseguistes transmitirnos.

Aquí van:




Non somos moi de mandar tarefas para o verán, pero sempre vos recomendaremos ler un pouquiño cada día, facer un ditadiño pequeno de vez en cando e repasar o cálculo mental (sumas, restas e as táboas de multiplicar). Se prefires algunha recomendación máis específica, mándanos unha mensaxe e intentaremos orientarvos.

Se alguén se pregunta, cando poderedes ver as notas deste curso, tendes que agardar ás 16:00 e sobretodo, ter paciencia... Todos os pais de Galicia estades entrando na mesma aplicación, así que é normal que non funcione ben. Paciencia 😇😇

E xa está todo por hoxe... 


Llanto GIFs | Tenor

Botareivos moito de menos, pero intentarei consolarme sabendo que en setembro vos terei a todos comigo outra vez 😍😍😍😍😍😍😍

Pasade bo verán!!!

xoves, 18 de xuño de 2020

XOVES 18

Bo día, rapaciñas e rapaciños!

Penúltimo día de clase!!

Encantoume saber que vos funcionou o volcán. Probárao a principios de marzo e quedara impresionada, pero onte cando intentei facervos un vídeo titorial, non me funcionou. Non conseguín que lera a imaxe, supoño que por pintala a rotulador... Case caio da cadeira cando vin que non valía 😩😩😩

Veña, comezamos co que vos teño preparado para hoxe.


MATEMÁTICAS



Hoy resuelven... ¡Los tres mosqueteros de 3ºA!  David, José y Chris, así que un problemilla para cada uno.

David, para ti este.


José, este para ti.


Y Chris, te toca ir a la panadería!


NATURAIS

Hoxe podes xogar ao "Quen é quen?" dos animais con outra persoa.

Recorda que recortaches minuciosamente dúas follas coma esta.

Pois ben, agora tes que repartir as fichas de modo que cada un de vós teña as mesmas imaxes. Se perdiches algunha, non pasa nada. Garda ese animal para outra cousa que se che ocurra.

O xogo está baseado neste:


A maioría de vós xa o vistes na clase, así que agora tócavos a vos xogar na casa.

Elixe un animal dos que tes e gárdao cara abaixo. Pon o resto mirando para arriba. Recorda que para xogar só podías facer preguntas para que o teu compañeiro respondese "SI" ou "NON".

Por exemplo:

É ovíparo?
É anfibio?
Ten cola?
Ten ás?
Vive na auga?

Se lle pregunta "é ovíparo?" e che contesta que non, dalle a volta a todos os animais que sexan ovíparos, e así, pouco a pouco iranche quedando menos posibles animais para acertar o que ten o teu contrincante! 

TEMPO DE LECER

Hoxe vouvos descubrir outra aplicación de realidade virtual. Este ano apunteime a un cursiño en Santiago e estou moi emocionada coa temática virtual (o malo foi que se cancelou á metade polo coronavirus😡😡)

Desta volta imos ver o ciclo da auga con esta ficha que tamén estaba no primeiro documento que imprimistes alá a principios de maio. Coloreádeo pouquiño, non vaia ser que vos pase coma nin co volcán 😅😅





A aplicación chámase Chromeville


Enlace de descarga para Android
Enlace de descarga para IOS


Unha vez instalado todo e cos permisos aceptados, dádeslle a "Jugar" e despois a "Cosas de clase".

Unha vez que o consigades ver como realidad aumentada, no medio do debuxo aparecerán pequenas chinchetas. Dádelle a cada unha e teredes información.

Xa me contades nos comentarios se vos funciona ou non.



E agora unha curtametraxe centrada no valor da amizade.





















mércores, 17 de xuño de 2020

MÉRCORES 17

Bo día, rapaciños e rapaciñas!

Antes de nada, moitas gracias polas felicitacións! Intentei contestarvos a todos, espero non olvidarme a ninguén 😅

Mañá é a avaliación e a recollida do lote de libros que che prestou o colexio, así que prepáraos todos nunha bolsa. Ponos seguidiños, quero dicir, que os de Matemáticas vaian xuntos e por orde (non te olvides do caderno de "Ponte a prueba").

A recollida é a partir das 12:00.

Tanto Ana coma min andaremos polo colexio porque é o día das avaliacións. Se non podes vir este día, avísanos a nós ou ao colexio e poñemos cita para outro día.

Veña, comezamos?


MATEMÁTICAS



Bruno nomina a las dos compas de 3º B que se hacen las huidizas para librarse de corregir el problema, pero.... aquí no se libra nadie!!! 😂😂

Así que...

Iria a corregir este!


Y Diana, a corregir este!



Chicas, quedan tres compañeros de A que tienen que ser nominados ya! (porque el viernes no va a haber problemas), así que a ver si sabéis quienes son.

Os voy a dar una pista, sus iniciales!    D, J y C


TEMPO DE LECER

Por fin chegou o tempo de lecer! Os que sodes da miña clase xa sabedes que algún día aparecín cunhas gafas de realidade virtual e algunha fichiña especial do corpo humano. 

Hoxe preséntovos...


Colle rápido esta fichiña. Está no primeiro documento que imprimiches a unha cara. 

Coloréao con coidado, non fai falla que deas moito color (eu fíxeno con rotu e non me funcionou 😓😓



Para poder velo de forma máis auténtica, alguén maior que teña móbil deberá descargar a aplicación
Quiver. Se a túa tableta ou móbil é Android, preme na primeira imaxe e irás ao enlace de descarga.


Se eres de iPhone, preme nesta bolboreta.



Agora que tes todo preparado, dálle "aceptar" a todos os permisos e despois á bolboreta. Entón abrirache a cámara e deberíache saír un recadro azul. Despois proba a darlle aos botóns e conseguirás facer unha erupción!

Non che digo máis, a ver se che sae!

Aviso que eu tiven problemas porque o coloreei de máis. Se o queres volver intentar, preme aquí para imprimilo directamente da súa páxina.

Se non tes forma de velo, agardo que teñas paciencia para velo comigo na clase o próximo curso.



Outra forma de facer un volcán é así:


Tamén podes esperar para facelo comigo na clase e así traballar as reaccións químicas de naturais.

Estouche poñendo os dentes longos, verdade? Intentarei relaxarte con este pequeno vídeo para que valores a amizade.







martes, 16 de xuño de 2020

MARTES 16

Bo día, rapaciños e rapaciñas!

Sabedes que día é hoxe? Douvos unha pista de como estarei ao longo do día... jijijiji

panda GIF

dj panda GIF


Claro que si, hoxe é o meu cumpleanos!!! Unha voltiña máis ao sol 😁😁 Un ano cheo de experiencias, de viaxes, de reunións e de cambios. De todo saco algo positivo!

Veña, comezamos co traballiño de hoxe, é pouquiño!


MATEMÁTICAS


Bruno te ha tocado este problemilla y piensa bien porque tendrás que nominar a dos!!! 


Ayer comenté que nos faltaba una ficha de simetría de mates, está dentro de la primera carpetilla que imprimiste.


Sí, lo sé, podría haber puesto una un poco más fácil... pero tómatelo como un reto a superar. 

Te voy a dar un truco pero no se lo digas a nadie, será nuestro secreto.

Si doblas la ficha justo por la línea del medio y la pones en la ventana, podrás calcarlo. Después abres el folio y lo repasas 😉😉😉



INGLÉS

Sí, inglés, no me he equivocado... La profe Pili os dejó un montón de juegos y fichas de repaso interactivas, por si las queréis hacer. Ya no cuentan para la evaluación. 

Este es su mensaje:



Pulsa y accederás a ellas directamente:







(sólo funciona en el ordenador porque es Flash)


SOCIAIS

Colle estas fichiñas que tes impresas da segunda carpetiña e bótalles un ollo. Se podes, pégaas no caderno.




Nesta tes que contestar a tres preguntas:



Colorea as que están en branco e negro


TEMPO DE LECER





Escribe un comentario sincero, busca na túa mente algún momento no que non fuches todo o respectuoso que deberías... 

luns, 15 de xuño de 2020

Correccións do luns 15...

Matemáticas

Yo me olvido muchas veces del puntito del mil, espero que tú no cometas el mismo error... Si te fijas en esta ficha, no hay punto sino que separan un poquito la unidad de millar de la centena.

Lengua



LUNS 15

Bo día, rapaciñas e rapaciños!

Última semana de clase!!!

Los minions de fiesta

Aínda que un pouco atípico porque non haberá festa, imos intentar que sexa o máis entretido posible.

Hoxe a profe Pili colgouvos as solucións aos exercicios da semana pasada, que espero todos lle enviarades. Para esta semana non hai fichas para imprimir. 

Veña, comezamos!



MATEMÁTICAS


Laura, ¿pensabas que librabas de corregir? ¡Qué va! Aquí tienes tu problema.



Con esta ficha ya terminamos las de mates, sólo nos queda una de simetría (de las primeras que imprimimos) pero la haremos mañana. 

Hoy toca trabajar la multiplicación por la unidad seguida de ceros, o lo que es lo mismo, por 10, 100 y 1.000. Controlar esto, nos ayudará a subir por las escaleras de las medidas más rápidamente.




LENGUA

Escucha esta fábula y contesta, en la libreta, a las preguntas para saber si has comprendido bien lo que has escuchado.


1.- ¿Dónde metió el niño la mano?

2- ¿Qué quería conseguir?

3.- ¿Por qué lloraba el niño amargamente?

4.- ¿Qué le aconsejó su amigo?

5.- ¿Quién es el autor de esta fábula?


TEMPO DE LECER

Esta semana inauguramos esta hora para poñervos uns vídeos interesantes que nos fan reflexinar.

Este vídeo recomendounolo Lucas e Martín.  Trata sobre un extraterrestre que non encaixa nun mundo tan perfecto (e un pouco aburrido) e que o mandan a outro planeta.



Convírtete en EX-TT e fai un debuxo sobre algunha situación que che fixo pensar que non encaixabas ben. Recorda pintarte de violeta como EX-TT!

venres, 12 de xuño de 2020

VENRES 12

Bo día a todos!

En primeiro lugar, quero pedirvos perdón polas fichas de naturais de onte. Non sei que puido pasar porque no documento que colgamos si que estaban. De todas formas, podedes facelo na libreta ou ir á libraría a que vos impriman a última páxina do documento DOBRE CARA e despois facer copias para ter en total cinco folios.

E en segundo, recordarvos que xa rematou a penúltima semana de clases deste curso tan estrano para todos. Para o curso que vén todavía non sabemos como vai ser, polo de agora non hai información oficial, só novas e pequenas publicacións. Non vos preocupedes que manterémosvos informados en canto saibamos nós algo.

Unha aperta enorme e a polo traballo de hoxe!

MATEMÁTICAS


Nerea pensabas que te librabas,¡eh! Pues nada más lejos de la realidad, aquí tienes tu problemilla.


Ya hemos trabajado todos los contenidos de este curso adaptado (recuerda que nos quedan las divisiones, los números decimales y las fracciones), así que vamos a hacer estas dos fichitas de repaso. Están en el último documento que imprimiste (o deberían 😅)


VALORES

Mira esta curtametraxe e fai un debuxo sobre ela.



PLÁSTICA



Tes o tableiro no último documento que imprimiches pero fáltanche as pezas e aquí entra a plástica!


Vouche dar dúas opcións pero hai moitísimas máis. A primeira non implica moito traballo, pero a segunda, si. Elixe!

-Colle catro tapóns do cartón de leite e outros catro de, por exemplo, un refresco. O importante é que sexan diferentes.

-Colle oito pedriñas que sexan máis ou menos iguais. Colle os rotuladores ou témperas, se as tes na casa, e píntaas de catro. Mira estes exemplos para coller ideas.





xoves, 11 de xuño de 2020

Corrección do xoves 11...

Matemáticas

En vuestra ficha no existe el ejercicio 1, porque como no se veía muy bien, lo había borrado. Ahora os pongo la corrección de la ficha entera por si alguno lo ha hecho igualmente.


Lingua

XOVES 11

Bo día, rapaciños e rapaciñas!

Tendes unha mensaxe en ABALAR que fala sobre a entrega dos libros de texto. A mensaxe é a seguinte:

Bo día familias de 3ºA e 3ºB, informamos que a devolución dos libros de texto que tedes en préstamo realizarase o xoves 18 de xuño ás 12:00. Ademais, se tedes o traballo orixinal para o libro sobre a corentena, a camiseta azul do centro e algún libro da biblioteca, por favor traedeo tamén. Deberíades esperar no porche exterior da entrada co lote completo dos vosos libros (a poder ser ordenador por materia) e iremos recollendoo nos na porta. Se non podedes vir nesa data ou hora, por favor chamade ao centro para pedir cita previa e acudir noutro momento. Moitas grazas.


Así que o próximo xoves ás 12:00 esperámosvos no colexio para recoller esas cousas.  Recordade que é imprescindible entregalos para poder beneficiarse do fondo de libros do próximo curso.

Veña, empezamos co traballo!


MATEMÁTICAS



Sofía te ha tocado este problemilla,


Con todo lo aprendido en las medidas de longitud y capacidad, llegamos a las últimas de este curso, así que coge tu libreta y copia esto.



Puedes ver este vídeo hasta el minuto 2, después se lía un poco la cosa.



Bien, antes de trabajar con la ficha, puedes jugar un poco con estas interactivas.

                                           

Ahora coge esta ficha de la última tanda y a por ella.


LINGUA



NATURAIS

Xa chegamos ao fin do tema dos animais así que vas demostrar o todo o que sabes. Vaste convertir en zoólogo (os que máis saben de animais) e vas cubrir todas as fichiñas que tes coma esta.

Tes en total 10 fichiñas, como cada clasificación dos animais que coñeces:

VERTEBRADOS: aves, anfibios, réptiles, peixes e mamíferos.
INVERTEBRADOS: cnidarios, anélidos, moluscos, equinodermos e artrópodos.

Avísote que vas ter que buscar en internet o "nome científico" de cada animal, o resto deberías coñecelo ti. 

Non te agobies porque tes ata o luns 15 para entregalo. Sácalle fotos ás fichiñas por separado e envíalle todo á túa profe.