xoves, 18 de xuño de 2020

XOVES 18

Bo día, rapaciñas e rapaciños!

Penúltimo día de clase!!

Encantoume saber que vos funcionou o volcán. Probárao a principios de marzo e quedara impresionada, pero onte cando intentei facervos un vídeo titorial, non me funcionou. Non conseguín que lera a imaxe, supoño que por pintala a rotulador... Case caio da cadeira cando vin que non valía 😩😩😩

Veña, comezamos co que vos teño preparado para hoxe.


MATEMÁTICAS



Hoy resuelven... ¡Los tres mosqueteros de 3ºA!  David, José y Chris, así que un problemilla para cada uno.

David, para ti este.


José, este para ti.


Y Chris, te toca ir a la panadería!


NATURAIS

Hoxe podes xogar ao "Quen é quen?" dos animais con outra persoa.

Recorda que recortaches minuciosamente dúas follas coma esta.

Pois ben, agora tes que repartir as fichas de modo que cada un de vós teña as mesmas imaxes. Se perdiches algunha, non pasa nada. Garda ese animal para outra cousa que se che ocurra.

O xogo está baseado neste:


A maioría de vós xa o vistes na clase, así que agora tócavos a vos xogar na casa.

Elixe un animal dos que tes e gárdao cara abaixo. Pon o resto mirando para arriba. Recorda que para xogar só podías facer preguntas para que o teu compañeiro respondese "SI" ou "NON".

Por exemplo:

É ovíparo?
É anfibio?
Ten cola?
Ten ás?
Vive na auga?

Se lle pregunta "é ovíparo?" e che contesta que non, dalle a volta a todos os animais que sexan ovíparos, e así, pouco a pouco iranche quedando menos posibles animais para acertar o que ten o teu contrincante! 

TEMPO DE LECER

Hoxe vouvos descubrir outra aplicación de realidade virtual. Este ano apunteime a un cursiño en Santiago e estou moi emocionada coa temática virtual (o malo foi que se cancelou á metade polo coronavirus😡😡)

Desta volta imos ver o ciclo da auga con esta ficha que tamén estaba no primeiro documento que imprimistes alá a principios de maio. Coloreádeo pouquiño, non vaia ser que vos pase coma nin co volcán 😅😅





A aplicación chámase Chromeville


Enlace de descarga para Android
Enlace de descarga para IOS


Unha vez instalado todo e cos permisos aceptados, dádeslle a "Jugar" e despois a "Cosas de clase".

Unha vez que o consigades ver como realidad aumentada, no medio do debuxo aparecerán pequenas chinchetas. Dádelle a cada unha e teredes información.

Xa me contades nos comentarios se vos funciona ou non.



E agora unha curtametraxe centrada no valor da amizade.





















13 comentarios:

  1. Hola son Valeria pero Patricia tú dijiste que iva a ver cómo iba a llover y todo pero a mí solo me iba lo de las chinchetas un bico

    ResponderEliminar
  2. Hola Patri son Enea. Eu conseguin ver o ciclo da auga en
    3d.

    ResponderEliminar
  3. Ola Patri.Eu si que o conseguin ver.Tamen vin como chovia.Ainda que m gustou mais o do volcán.

    ResponderEliminar
  4. Ola chicos son Martina hoxe é o cumpreanos do meu primo Noé.

    ResponderEliminar
  5. Ola!
    A min si que me funcionou.
    Bicos,boas vacacións.

    ResponderEliminar
  6. Hola!Son Sara,eu tamen puiden ver o ciclo da auga

    ResponderEliminar
  7. Son Vicente de 3A,a min saliume bicos a todos

    ResponderEliminar
  8. Ola, son Suevia. A mín saiume. Vese xenial. Un bico

    ResponderEliminar
  9. Ola‼️
    Eu vin como chovía,e si funcionoume.
    Grazas.
    💋💋

    ResponderEliminar
  10. Hola a min funcionoume ben, vin o ciclo da auga.Son Nerea de 3a.Gracias e bicos💋😘

    ResponderEliminar
  11. Hola son Mario.
    A min funcionoume ben,puiden ver o ciclo da auga,bicos.

    ResponderEliminar
  12. Ola son David, a min tamen me saliu, bicos pra todos

    ResponderEliminar