Xosé xa cumpriu os 9 anos e trouxo o seu libro preferido para compartir con nós.
Parabéns, Xosé!
xoves, 30 de xaneiro de 2020
Día da Paz
Como cada 30 de xaneiro celebramos no cole o día da paz aínda que sabemos de sobra que a paz é cousa de todos os días.
Traballamos a vida de Malala e en grupo lemos un conto sobre ela que nos trouxo Sheila.
Tamén fixemos uns brazaletes con forma de pomba para lucir este día cos nosos compañeiros da EEI de Vilalba e o CEIP Mato Vizoso.
E baixamos todos xuntos para cantar a canción "Danza da paz" de Mamacabra, deixámosvos aquí o ensaio final para que vexades o ritmo que temos.
mércores, 15 de xaneiro de 2020
O corpo humano
Hoxe a clase de Ciencias Naturais foi un pouco especial. Cunhas gafas que trouxo a profe de realidade virtual demos unha volta arredor dunha persoa e vímoslle todos os músculos.
Tamén coloreamos unha ficha do corpo humano e coa axuda do móbil puidemos ver o debuxado en 3D. A ficha está na carpeta e se o queredes ver na casa, só teredes que descargar a aplicación gratuita Chromville Science.
Para a semana comezaremos cos aparellos e as viaxes a través deles.
Outra aventura máis!
venres, 10 de xaneiro de 2020
Atención!
Algo novo estase xestando no corazón do colexio. Os nenos e nenas de terceiro estanse organizando para algo moi grande. Xa falta pouco para que comece unha nova aventura.
Permanecede atentos aos seus pasos neste novo blogue.
https://osvixiantesdoplaneta.blogspot.com/
xoves, 9 de xaneiro de 2020
A multiplicar!
Comezamos o trimestre dándolle a tope ás táboas de multiplicar. Pero o que podería ser unha tarefa , nós fixémolo con xogos.
1° ESTACIÓN: por parellas tivemos que buscar multiplicacións e resultados.
2° ESTACIÓN: memory para repasar ás táboas do 2, 3, 4 e 5.
3° ESTACIÓN: xogando coa baralla. Un reparte e propón o primeiro factor e o azar das cartas é o segundo. Mans na espalda, dicimos cal é o produto e collo a carta.
4° ESTACIÓN: oca de multiplicar.
5° ESTACIÓN: igual que a estación 2 pero coas táboas do 6, 7, 8 e 9.
6° ESTACIÓN: tangram de multiplicar. Se xunto a multiplicación co resultado, completo unha figura.
Estivemos durante unha sesión multiplicando sen parar. O curioso foi que os últimos 20 minutos de clase, cando tocou xogar nos obradoiros, os que foron ao Obradoiro de cálculo elexiron seguir multiplicando.
Está claro que xogando apréndese mellor.
martes, 7 de xaneiro de 2020
Mañá voltamos!
Xa están rematando as vacacións de Nadal. Mañá voltamos ao cole despois de 18 días de descanso e tempo en familia e para que a volta ao cole non se faiga tan costa arriba, déixovos un resumo do que foi a última semana.
Como estamos nun momento moi comprometido no coidado polo planeta. Deixamos a un lado a purpurina, a goma eva e calquera plastico, para darlle paso aos materiais que xa había polo colexio e ían ao colector, como triscos de cartóns, restos de papeis continuos e xornais.

Fixemos unhas árbores de Nadal usando pinaretas e pintura de dedos.
Reutilizamos folletos de supermercados para facer estas bolas de Nadal tan chulas.
Vivimos o momento das 12 campanadas máxicas de Noitevella pero comendo algo completamente diferente. Acordádesvos?
Fixemos o noso primeiro Amigo Invisible, pero non saíu moi ben, houbo algún olvido e algún incumprimento das normas, así que agardamos que para o curso que vén non saia perfecto!
Visitounos Melchor e tamén fomos cantando polas demais aulas a panxoliña "O Apalpador" acompañados do ukelele.
Pasámolo ben non cole así que seguro que queremos volver mañá coa ilusión dunha nova aventura.
martes, 3 de decembro de 2019
Día de repaso
Hoxe estivemos repasando todo o que levamos traballando no trimestre nas asignaturas de Linguas, tanto en castelán coma en galego.
Distribuímos a aula en seis estacións, cada unha cunha misión e nunha lingua. Este tipo de traballo axúdanos a diferenciar unha lingua da outra porque na nosa cabeza todavía están un pouco difuminadas.
ESTACIÓN "PATATAS FRITAS"
Xa xogaramos a este xogo máis veces, pero desta volta o traballo era individual. Cada un elixiu dez patacas, escribiunas no seu caderno, separounas en sílabas e anotou se se trataba de agudas, graves ou esdrúxulas.
ESTACIÓN "YO TENGO, TÚ TIENES"
Este xogo é novo na clase, aínda que xa xogaramos a el onte. Repartimos as tarxetas, decidimos quen empeza e temos que buscar nas nosas tarxetas se teño o que o meu compañeiro pideu, un antónimo ou un sinónimo.
ESTACIÓN "REVISA E PUNTÚA"
Traballo en grupo para chegar a un acordo sobre a puntuación dunhas oracións. Corrixir e debatir.
ESTACIÓN "ORACIÓNS"
Dunha lista de oracións, subliñar o suxeito e o predicado e explicar se eran enunciativas, exclamativas ou interrogativas. Traballo individual.
ESTACIÓN "DESCRIPCIÓN DUNHA PAISAXE"
Elexir unha paisaxe da caixa de fotos da profe, describila seguindo o guion aprendido e mañá xogaremos a adiviñar de que foto se trataba.
ESTACIÓN "REGLAS DEL JUEGO"
Traballo grupal, dedicir que xogo facemos e explicar cal é o procedemento para xogar. Ademais tiñamos que escribir dúas normas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









































