venres, 22 de decembro de 2017

Panxoliña "O apalpador"

Aquí vos deixamos a panxoliña que cantamos o pasado mércores para todo o alumnado do cole.




BO NADAL!

xoves, 21 de decembro de 2017

Mira o vídeo!

Acabo de recibir no correo este vídeo... Chegouvos algo a vós? Preme en Papá Noel e descúbreo!



mércores, 20 de decembro de 2017

Bo Nadal


Os nenos, nenas e a profe de 2º B desexámosvos un BO NADAL a todos!!!!


Últimos días antes de Nadal

Xa rematou o trimestre e con el un montón de cousas aprendidas e algunha que outra olvidada.

Houbo alegrías e algún enfurruñamento que coa axuda de todos conseguimos remitir sen consecuencias.

Aquí vos deixamos o vídeo das cousas que fixemos como actividade de Nadal a falta das fotos das campás tan chulas que trouxestes.


Resolución do Estoxo Challenge

Hoxe rematou o prazo do Estoxo Challenge.

Observamos todos o material de cada un e decidimos quen ganara o reto e quen quedou por pouco.

Animamos aos que non o lograron e retámolos para futuras aventuras!



Aquí nos vedes cos nosos premios: lapis, afias, gomas, reglas e ata un corrector!

venres, 15 de decembro de 2017

"Sus derechos en juego"

Este é o nome da campaña da Cruz Vermella para cada neno poda ter un xoguete este Nadal.


Se tedes algún xoguete en bo estado que xa non utilicedes, podedes deixalo na caixa que hai habilitada no patio do colexio.

martes, 12 de decembro de 2017

Educación Vial

Por fin hoxe estivemos todos na clase para gravar este vídeo. Levábamos con el rematado máis de tres semanas, pero entre unhas cousas e outras, tivemos que agardar ata hoxe.


Peixiños de cores

Hoxe recibimos uns peixiños de cores para corrixir a nosa postura ao escribir.



Son moito máis cómodos que os correctores que usamos o ano pasado, así que intentaremos aproveitalos ao máximo.


sábado, 9 de decembro de 2017

Conmemorando xuntos!

O pasado martes xuntámonos cun montón de compañeiros do Ceip Insua Bermúez, Ceip Terra Chá, EEI de Vilalba e do Centro Ocupacional de Vilalba para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

O CEIP Insua Bermúdez organizou todo a xuntanza baixo a canción "Chea de vida" de Guadi Galego que interpretamos coa linguaxe de signos e coa axuda duns súper músicos.

Preme na foto para acceder á páxina de El Progreso.


Búscate no vídeo!

domingo, 3 de decembro de 2017

Día internacional das persoas con discapacidade

Hoxe é o Día internacional das persoas con discapacidade e celebrámolo coa estrea destes dous vídeos, a partir do libro "Está ben ser diferentes" de Todd Parr.

Agardamos que vos gusten!






A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP de Cervo, en colaboración coas mestras de pedagoxía terapéutica, Mila Castro do CEE María Mariño e Alba Rodríguez do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé. Tamén se encargaron da tradución do libro ao galego e a pictogramas, para poder achegar a mensaxe a todos os nenos e nenas.

Foron quen de xuntar a un montón de colexios baixo a súa proposta e estamos tremendamente agradecidos de poder ser partícipes dela porque ao fin e ao cabo...


ESTÁ BEN TER AMIGOS DIFERENTES!!





sábado, 2 de decembro de 2017

Un Contacontos especial

O pasado martes recibimos unha invitación moi especial. Petaron á porta e cando abrimos...


Tiñamos que buscar unha porta amarela polo colexio e presentarnos alí o venres á unha do mediodía.

Alí estivemos...



E a profe Ana púxonos unha tarefa: inventar nós a historia da muller do Grúfalo. Así que a ver que se nos ocorre!

mércores, 29 de novembro de 2017

XLII Certame de debuxo infantil sobre "O Nadal"

O Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, entidade promotora do Belén Electrónico, co patrocinio da Caixa Rural Galega, co fin de potenciar o espírito do Nadal nos nenos, convoca o

XVII CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE "O NADAL"





dacordo coas seguintes bases (preme aquí para ter a información completa):

-Poden concurrir todos os nenos e nenas a través dos seus colexios.

-Establecense dúas categorías (nós estariamos na A, ata 10 anos).

-Concederanse os premios.

-Os temas serán libres dentro do tema xenérico "O Nadal". O tamaño dos orixinais será como mínimo de 1/2 folio e máximo de un folio. Deberán ser presentados en cartolina.

-Cada colexio non poderá remitir máis de 25 traballos por cada categoría.

-A admisión de orixinais rematará o día 24 de decembro do ano 2017, debendo ser entregados ou remitidos ó Centro Cultural "José Domínguez Guizán" de Begonte (Lugo).


AGORA SACA A TÚA VEA ARTÍSTICA, ANÍMATE E PARTICIPA!!

Certame de poesía infantil "Nadal 2017"

A Biblioteca Pública Municipal de Vilalba convoca o


CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2017" 






coas seguintes bases:

- Poden participar todos os nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico do "O Nadal".

- Establécense tres categorías (nós estariamos na A, ata 8 anos).

- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

- O prazo de presentación dos poemas rematará o 21 de decembro de 2017, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL.

- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.

- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2018.

- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública de LUgo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

- A presentación das obras a este certame supoñen a aceptación das presentes bases.



SACA A TÚA VEA POETA, ANÍMATE A PARTICIPA!!!!

sábado, 25 de novembro de 2017

Día contra a violencia de xénero

Hoxe, 25 de novembro, nace #Equaliter.

#Equaliter chegou a nós coma un proxecto promovido polo CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín. Nel colaboramos trinta e un centros da comunidade escolar para dar visibilidade, con palabras ou debuxos, aos pensamentos do noso alumnado.

A canción é orixinal da vilalbesa, Cris Román, que cedeu a súa canción a este proxecto.



venres, 24 de novembro de 2017

Proxecto ABN

O método ABN xurdiu fai anos da man de Jaime Martínez Montero.



Nós imos facer unha clase ABN á semana para mellorar o cálculo mental. Por agora estamos traballando a táboa do 100 e os amigos do 10.

Déixovos o enlace (na columna da dereita) a unha páxina cun montón de traballos con este método por se queredes botarlle un ollo. Hai unha infinidade de actividades ABN porque os resultados na comprensión das matemáticas son incrible. Cada día apúntase máis xente e nós non podemos quedar atrás!

luns, 20 de novembro de 2017

Comeza o reto!

Hoxe comezou o Estoxo Challenge!


Novos lapis e novas gomas, todo con nome.




Levaremos un control diario do material e cando chegue o 20 de decembro faremos a entrega de premios!



venres, 17 de novembro de 2017

Estoxo Challenge

Do 20 de novembro ao 20 de decembro imos participar no Estoxo Challenge.


Que é o Estoxo Challenge?

O Estoxo Challenge é un reto que consiste no coidado do noso material escolar. O que máis aparece desgastado e roto son os lapis e as gomas, así que imos comezar por esas dúas pezas.



Podo participar?

Se pertences á clase de 2º B estás de sorte! Só tes que traer o próximo luns 20 de novembro un lapis e unha goma nova.



Vale calquera material?

Non, para estar todos en igualdade de condicións deberás mercar un lapis STAEDLER (HB, B ou 2B, vermello, negro ou laranxa) e unha goma MILAN 430.
Eliximos esas marcas porque teñen unha boa calidade prezo e son fáciles de atopar nas papelerías




Que é o que teño que facer?

Sé curioso e afía só cando sexa necesario. Non roias o lapis. Non rompas a goma (se se rompe mentras a estás utilizando, tes unha vida extra 💓).



E se consigo o Estoxo Challenge?


Está nas túas mans. Ti elixiches o premio que che gustaría recibir, así que xa sabes o que tes que facer para gañalo! Sorte!




domingo, 12 de novembro de 2017

Saímos no xornal!

Fuches curioso? Entraches no apartado "Redutilicilar" que aparece na columna da dereita?

Entón, xa sabes do que falamos...

Este curso participaremos nos Plans Proxecta da Xunta, en concreto no "Reclícate con SOGAMA".

De aí xurdeu a idea do blogue Redutilicilar. Os tres erres nun: reducir, reutilizar e reciclar. E esta semana o xornal El Progreso publicou a seguinte nova...


Podedes entrar no blogue do proxecto e descubrir todo o que estamos a facer. Xuntos conseguiremos que os tres erres estén na nosa vida e así, coidar a nosa contorna.

martes, 7 de novembro de 2017

Rap da tos

Para evitar os arrefriados, o mellor é a prevención. Con este rap, aprenderemos o que hai que facer para iso.

A rapear!

xoves, 2 de novembro de 2017

Educación vial

Para a semana que vén traballaremos a educación vial. Daremos os sinais máis importantes, as normas de seguridade...

Se queredes ir adiantando traballo aquí vos deixo a "Guay y los ladrones de señales"



Unha canción para aprender os sinais.



Tamén podemos profundizar nestas páxinas da Fundación Mapfre: aquí e aquí.


E por último, un xogo!


luns, 30 de outubro de 2017

Cambio de porta...

Hai que actualizarse e estamos en tempo de Samaín... 

Pronto colgaremos as fotos de todo o que estamos facendo!


domingo, 29 de outubro de 2017

Samaín

Aquí podedes afondar un pouco sobre a historia do Samaín e aquí déixovos un pequeno xogo para pasar un pouco o tempo, non todo vai ser traballar!

Mañá dedicaremos o día a tratar este tema e preparar o día 31 de outubro xa que tamén celebramos o Magosto.



xoves, 26 de outubro de 2017

Día internacional das bibliotecas escolares


Certamen Fertiberia de pintura rural infantil

Por se queredes participar...


Déixovos aquí o enlace ás bases (ampliaron o plazo ata o 15 de novembro).

Bases



E aquí tedes as etiquetas que deben levar por detrás

Etiquetas


Avisádeme e así enviamos todos xuntos desde o cole.

Animádevos a participar!

domingo, 15 de outubro de 2017

luns, 9 de outubro de 2017

Reunión ca titora

Lémbrovos que mañá ás 16:00 haberá unha reunión para comentar o funcionamento da clase e algún tema máis que poida xurdir.

Vémonos!

martes, 26 de setembro de 2017

Pequenos construtores

Aprobeitando que o tema 1 de Sociais é "Un lugar para vivir", durante o mes de outubro seremos os arquitectos da nosa propia vila.

Estes días debedes buscar pola casa caixiñas de medicamentos de cartón, se conseguimos caixas de diferentes tamaños, poderemos diferenciar entre os barrios modernos e antigos, edificios públicos... Tamén haberá sitio para zonas verdes, grandes avenidas e estreitas rúas...

A idea é que quede algo así.





Isto tamén nos servirá para traballar educación vial, xa que deberemos estudiar o tráfico e a colocación das sinais, semáforos e dos pasos de peóns.

Unidades, decenas e centenas

Cos ábacos que temos este ano estámonos convertindo nuns expertos en unidades, decenas e
centenas.

Comezamos con pequenos exercicios de colocación para comezar a entender que o valor das cifras depende da posición onde se encontre.




Lembramos que 10 unidades eran 1 decena, así que fomos colocando os números de un en un, tendo en conta cambiar as 10 fichas azuis por unha vermella para facer o número 10.




Fixemos o mesmo cando chegamos a ter 10 decenas e convertilas en unha centena. Cambiamos as dez fichas vermellas por unha verde, unha centena, cen unidades.




E acabamos traballando por parellas, dicindo números e colocándoos no ábaco.




O seguinte paso será facer sumas coa axuda do ábaco, así comprenderemos mellor ese "me llevo una". E para comprender as restas con levadas vannos vir de marabilla.




luns, 25 de setembro de 2017

Foto oficial

Aquí vos deixamos a foto oficial do curso 2017/2018.


Estivemos adornando un pouquiño o cole para ter un entorno máis chulo e vir con máis ganas.
Esta é a frase que nos vai acompañar este curso. Dá que pensar, eh?



mércores, 20 de setembro de 2017

Canción SuperPixépolis

Este ano nas materias de Matemáticas, Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais acompañarannos uns personaxes un tanto peculiares: os SuperPixépolis.

Comezamos aprendendo a canción coa axuda deste karaoke caseiro e dentro de pouco, comezaremos co uso de toda a información que nos trae a Aula Virtual.

A cantar!!!


luns, 4 de setembro de 2017

Benvidos a segundo!



Ola familia!

Despois de todo o verán e das festas do San Ramón e Santa María, agardo que veñades cas pilas cargadas para seguir desfrutando xuntos das aventuras de cada día.

Este ano cambiamos de edificio, ímonos ao principal, xusto enriba da biblioteca. E tamén estreamos patio, ampliado e renovado!

Vémonos o 11 de setembro!

luns, 26 de xuño de 2017

Comeza o verán

Co comezo do verán damos por terminada esta aventura xuntos.

Todo un ano no que aprendimos uns dos outros e sempre cun sorriso debuxado na cara.

Pasamos momentos bos e regulines (porque non creo que os houbese malos) que nos fixeron entrar con seguridade na educación primaria.

O ano que vén teredes outra nova aventura, nun edificio novo e quen sabe se cun profe novo.

Douvos as gracias por acompañarme durante este curso e agardo volver a encontrarnos o ano que vén.

Un saúdo!
Patricia

venres, 16 de xuño de 2017

xoves, 15 de xuño de 2017

xoves, 1 de xuño de 2017

Axudas para os libros de texto

Facemos unha parada na publicación de vídeos, para darvos un pouco de información sobre a adquisición dos libros para o ano que vén.

O 16 de maio de 2017 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Podedes acceder a ela pinchando aquí.


LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

O lugar para entregar as solicitudes en formato papel é a secretaría do centro.

O prazo de presentación remata o 23 de xuño (incluído) e debedes entregar só unha solicitude por familia, é dicir, de ter dous ou máis nenos neste cole, só fai falla unha solicitude.

É moi importante que firmedes a solicitude e con ela implicarase que aceptades as bases da convocatoria, que cumprides os requisitos esixidos e que os datos que indicades son certos. Tamén que vos comprometedes a devolver en bo estado o material que sexa preciso.


DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

-Copia do Libro de familia, sentenza xudicial de separación, certificado de convivencia ou informe de servizos sociais...

-No caso de discapacidade dalgún membro da familia, o certificado emitido polo órgano competente.


DATAS A TER EN CONTA

Os primeiros días de xullo (ambos incluidos) entregaranse os "vales" para a axuda dos libros de 2º e para o material escolar.


CONTÍA DA AXUDA

Para o 2º curso entregaranvos un "vale" para comprar os libros que dependerá da vosa renda per cápita.

-Se é igual ou menor a 5.400: 170€
-Se está entre os 5.400 e os 9.000: 90€

Para o alumnado con NEE ou con discapacidade igual ou superior ao 65% a contía é sempre de 250€.

A "axuda para o material" tamén será un "vale" de 50€ se a renda é igual ou inferior a 5.400€



DOCUMENTACIÓN


ENLACES DE AXUDA




E lembrade que na Secretaría do Centro sempre vos podemos botar unha man para todo este papeleo...

mércores, 31 de maio de 2017

Mercadiño

Decidimos montar un pequeno mercado na clase para traballar un pouco máis a fondo o tema das moedas e dos billetes.

Moitos de nós nunca fomos ao mercado de forma activa, é dicir, nunca utilizamos os cartos para pagar.




Ir ao mercado a facer a compra é unha forma lúdica e útil de traballar o cálculo mental.

mércores, 24 de maio de 2017

I Mostra de Produtos Chairegos

E por fin temos preparados os vídeos de todo o que estivemos facendo os últimos mes



Aquí poderedes ver o vídeo que estivo sonando toda a semana no stand da exposición. Recibimos un montón de fotos dos nenos apañando os grelos e tamén tallando as cacholas.




E no seguinte vídeo veredes todo o que traballamos para a exposición.



Se vos pica a curiosidade e queredes visitala, so teredes que acercarvos á porta principal do centro. Alí tamén veredes o traballo que os nenos de infantil fixeron co Queixo de San Simón, os nenos de 4ºB, co Roscón de Vilalba e o alumnado de 6º coa montaxe de todo e o estudio das empresas vilalbesas que se adican a estes produtos.

Queremos agradecervos toda a vosa colaboración!




sábado, 20 de maio de 2017

venres, 19 de maio de 2017

Mentres tanto..

Mentres estamos acabando de montar os vídeos dunha cousa moi chula que fixemos os últimos meses na clase, deixámosvos cunha autofoto que fixemos en Vegadeo cando agardabamos que os de 1º A saíran do taller para entrar nós.

Letras Galegas 2017

Casares from Patricia B on Vimeo.

mércores, 19 de abril de 2017

Cooperando en matemáticas

Hoxe fixemos unha hora de matemáticas bastante divertida.

Puxémonos en grupos de 4 ou 5, eliximos nome, decidimos quen era o voceiro e a xogar!

O xogo consistía nunha serie de sumas e restas ditas en voz alta. Cada grupo escribía os números e facía a conta.



Equipo "Superlistos"





Equipo "Sumas e restas"


                              




Equipo "Superniños"



Equipo "Henry Jat"                        



A cooperación do xogo consiste en que todos os membros do grupo deben saber facer as contas, para iso axudámonos en todos os pasos que se deben seguir.

Se hai un membro do grupo que dubida en algo, todo o grupo perde, xa que non se consigueu o obxectivo do xogo "cooperando en matemáticas".

xoves, 6 de abril de 2017

E por fin, a exposición!

Despois de tanto traballo, por fin podemos dar por rematado o tema das plantas.


Desta volta, xa fomos capaces de expoñer e gravar diante dos compañeiros como auténticos profesionais e con apenas tomas falsas.

luns, 3 de abril de 2017

Pequenos agricultores

Primeira toma de contacto co mundo da agricultura. Sementando lentellas, garavanzos e fabas.



venres, 31 de marzo de 2017

As plantas

Este mes e algo estivemos traballando o tema das plantas.

Decidimos facer un "lapbook" algo así como un libro con solapas, unha actividade plástica para poder afondar no tema de xeito máis lúdico.

Aquí podedes ver as fotos do proceso.


luns, 20 de marzo de 2017

En marcha...

O novo proxecto da clase de 1ºB está comezando con bo pé.

De momento, mañá ímos de excursión a Champivil e pronto teredes novas do que estamos argallando...


mércores, 8 de marzo de 2017

8 de marzo

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora, que conmemora a loita e a valentía das primeiras mulleres que esixiron os mesmos dereitos que os homes.
A pesar do tempo transcorrido, a loita por esa igualdade continúa.

Visionamos este vídeo sobre a coeducación e fixémonos preguntas sobre el. Credes que é posible o soño da nai?





Tamén traballamos con esta ficha, primeiro puxemos os nomes ás diferentes profesións e despois tiñamos que colorear aqueles que pensabamos que unha muller podía desenvolver


Esta é unha mostra do resultado...


Como vedes hai de todo... Intentamos facer un debate con dous bandos:
- A favor de que unha muller traballe en calquera profesión.
- En contra, xa que hai traballos que non son para as mulleres.

Fáisenos un pouco complicado expresar a nosa opinión, así que precisamos buscar exemplos de mulleres que traballen neses oficios e cos reultados, obter unha conclusión.

Lembrade que o próximo día debedes traer os exemplos, ben con fotos, ben con debuxos...

sábado, 4 de marzo de 2017

COGAMI

Este venres tivemos a visita de COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.

Premendo aquí entraredes na súa web por se vos interesa profundizar máis.


María contounos a historia dun montón de nenos que tiñan algunha dificultade para comunicarse ou para moverse.



Ensinounos como poden ler os cegos, como se poden comunicar as persoas que non falan, como se poden tranquilizar cando se poñen nerviosos...



Deixounos probar o material que eses nenos utilizan no seu día a día.


Encantounos a charla e aprendimos moito sobre as diferentes dificultades que un neno coma nós pode ter. 



E lembrade que tiñamos deberes para esta fin de semana...

Tiñamos que contar ou pensar cantos escalóns ou dificultades nos podemos atopar no noso camiño de casa ao cole, se tivesemos que utilizar unha cadeira de rodas...

Entroido 2017


venres, 24 de febreiro de 2017

Como estar ao día...

Esta entrada está pensada para que vos sexa máis sinxelo saber se hai novas ou non no blogue sen ter que estar entrando cada día.

Recoméndovos que descarguedes unha aplicación para ler os RSS (really simply syndication, algo así como unirte a algo de forma sinxela).

No meu móbil (Android) teño a aplicación "Lector RSS". É a primeira que me saiu cando puxen iso no buscador do Google Play.



Na pantalla do móbil quédavos así.


Cando entredes na aplicación dádelle ao "lapis" que aparece arriba á esquerda.



Despois ao "máis" que está ao lado do cartafol.





Abriravos unha ventaniña blanca que vos pon "Agregar canal (feed). Eu elexin a primeira opción:
"Agregar un canal (feed) personalizado o buscar uno"


A continuación, na seguinte pantalla tendes que escribir a dirección do blogue e poñerlle un título se queredes. Cando lle dedes a "aceptar" xa vos quedará rexistrada a entrada.


Por defecto, actualiza cada 30 minutos, pero podémolo cambiar para non consumir tanta batería nin tantos datos. Facémolo na rosca que hai arriba á dereita.


Abriravos esta pantalla e dándolle a "intervalo entre actualizaciones" podemos varialo dende a cada minuto ata unha por día. Penso que unha diaria é máis que suficiente para estar ao día neste blogue.



Agardo que vos sirva de axuda. Se tedes calquera dúbida, aquí estou para intentar resolvela!