Aínda nos queda confeti por pegar, pero queríamos ensinarvos a nova decoración da porta da clase.
luns, 25 de febreiro de 2019
Cartas desde Cantabria
Por fin hoxe recibimos as primeiras cartas dos nosos amigos de Liemcres (Cantabria).
Estamos moi emocionados e irémolas lendo en alto ao longo da semana.
Esta outra foto é de cando nós llas enviamos a eles.
Estamos moi emocionados e irémolas lendo en alto ao longo da semana.
Esta outra foto é de cando nós llas enviamos a eles.
mércores, 20 de febreiro de 2019
Canción para o entroido
Este ano no cole o lema é "As músicas da nosa terra" e nós estamos inmersos nel. Eliximos a Pablo Díaz como autor de un montón de cancións en galego e xa levamos cantado unhas cantas.
Para o entroido decidimos esta e aquí vos deixo un karaoke para ir aprendo a letra.
E a versión un pouco ralentizada...
Para o entroido decidimos esta e aquí vos deixo un karaoke para ir aprendo a letra.
E a versión un pouco ralentizada...
martes, 19 de febreiro de 2019
O ciclo da auga
Esta semana estamos traballando o ciclo da auga.
Como é un concepto un pouco abstracto xa que é difícil de presenciar todo o camiño que fai unha gotiña de auga, decidimos facer un experimento e hoxe colgamos estas bolsiñas cheas de auga a ver qué pasa con elas.

Pero xusto cando máis sol necesitábamos, hai unha néboa espesa...
venres, 15 de febreiro de 2019
Para practicar na casa...
Para practicar na casa déixovos unha serie de exercicios ben faciliños para ir collendo ritmo de multipicación.
Aquí podes xogar un pouquiño máis.
Semana de táboas de multiplicar
Hoxe rematamos a primeira semana oficial de táboas de multiplicar. E para facelo dunha forma un pouco máis amena propuxemos un traballo cooperativo.
Cada grupo tivo que completar as táboas e colorear o debuxo. A maioría optou por roldar as fichas e que cada membro fixese unha ou dúas. Deste modo, todos traballaron as catro táboas (1, 2, 5 e 10). Axudándonos da máquina de multiplicar se era preciso.
E "Os 5 Lakers" foron os que mellor se organizaron para rematar os primeiros!

Cumprecontos de Miguel
O primeiro da clase en cumplir 8 anos foi Miguel, o pasado 10 de febreiro. Trouxo este libro "Descubrimos los dinosaurios" para contarnos a todos.
Parabéns, Miguel!
xoves, 7 de febreiro de 2019
A multiplicar!
Esta semana comezamos a traballar o concepto de multiplicación. Decidimos elaborar unhas máquinas de multiplicar que nos están a axudar un montón e pasámolo pipa multiplicando.
Aquí tedes a foto de como as fomos facendo. Unha caixa de ovos, pintura e imaxinación!
Ao día seguinte, cando a pintura estaba xa seca dividimos a clase en catro estacións relacionadas co tema:
1- Rematar de decorar a caixa, facendo unha tapa co noso nome e o da máquina.
2- Usar a máquina de multiplicar para saber o resultado das multiplicacións propostas e así poder colorear o debuxo.
Vaia truco que varias multiplicacións déronnos o mesmo resultado!
Benvida ao concepto de divisibilidade, o nunca visto en 2º de primaria.
3- Debuxar multiplicacións e así descubrir o concepto de superficie.
4- E por último, o que manda o libro!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)