venres, 15 de febreiro de 2019

Semana de táboas de multiplicar

Hoxe rematamos a primeira semana oficial de táboas de multiplicar. E para facelo dunha forma un pouco máis amena propuxemos un traballo cooperativo.

Cada grupo tivo que completar as táboas e colorear o debuxo. A maioría optou por roldar as fichas e que cada membro fixese unha ou dúas. Deste modo, todos traballaron as catro táboas (1, 2, 5 e 10). Axudándonos da máquina de multiplicar se era preciso.


E "Os 5 Lakers" foron os que mellor se organizaron para rematar os primeiros!

Ningún comentario:

Publicar un comentario