Esta semana comezamos a traballar o concepto de multiplicación. Decidimos elaborar unhas máquinas de multiplicar que nos están a axudar un montón e pasámolo pipa multiplicando.
Aquí tedes a foto de como as fomos facendo. Unha caixa de ovos, pintura e imaxinación!
Ao día seguinte, cando a pintura estaba xa seca dividimos a clase en catro estacións relacionadas co tema:
1- Rematar de decorar a caixa, facendo unha tapa co noso nome e o da máquina.
2- Usar a máquina de multiplicar para saber o resultado das multiplicacións propostas e así poder colorear o debuxo.
Vaia truco que varias multiplicacións déronnos o mesmo resultado!
Benvida ao concepto de divisibilidade, o nunca visto en 2º de primaria.
3- Debuxar multiplicacións e así descubrir o concepto de superficie.
4- E por último, o que manda o libro!
Xenial idea para aprender a multiplicar e dividir pasandoo pipa. Gracias Patricia
ResponderEliminar