E de súpeto chegou xuño e sen darnos conta, acabou o curso.
Recordo o primeiro día con vós. Todos me mirabades coa pena que produce cambiar de mestra e volver a adaptarse a unha nova persoa. E eu recén chegada ao cole e diante de min 46 ollos espectantes.
Pasaron moitas cousas desde aquel momento, algunhas boas e outras aínda mellores. Houbo moita charla e moitas risas, pero tamén traballo e esforzo polas dúas partes.
Despídome de vós aínda que vos terei moi preto. Gardarei na miña memoria moitos momentos e a todos, no meu corazón.
Moitas gracias por compartir conmigo este curso.
Pasade bo verán!