venres, 14 de xuño de 2019

Traballo en grupo

Algo que se nos segue atragantando este curso é o traballo en grupo. Tomar decisións conxuntas, acatalas e saber lidiar con diferentes persoas é algo realmente complicado. 

Por iso, hoxe comezamos con esta pequena actividade: elaborar unha liña do tempo do ano 2011.

Cada grupo de seis recibeu un trozo de papel que debeu medir e decidir como situar as nosas datas de nacemento. Repartir en partes iguais, medilas... Pero o máis difícil é repartir o traballo e delegar, ai! aprender a delegar, e a aceptar críticas.


Temos que comentar que dous grupos funcionaron moi ben e aínda que houbo enfados, souberon reverter esa situación e seguir traballando con normalidade e dilixencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario