E de súpeto chegou xuño e sen darnos conta, acabou o curso.
Recordo o primeiro día con vós. Todos me mirabades coa pena que produce cambiar de mestra e volver a adaptarse a unha nova persoa. E eu recén chegada ao cole e diante de min 46 ollos espectantes.
Pasaron moitas cousas desde aquel momento, algunhas boas e outras aínda mellores. Houbo moita charla e moitas risas, pero tamén traballo e esforzo polas dúas partes.
Despídome de vós aínda que vos terei moi preto. Gardarei na miña memoria moitos momentos e a todos, no meu corazón.
Moitas gracias por compartir conmigo este curso.
Pasade bo verán!
Gracias polo teu traballo e esforzo, todo é mais sinxelo cando a ves ir ao cole contenta e volver a casa contando con ilusión o que fixeron. Disfruta das vacacións!!
ResponderEliminarGracias Patricia, por eses bos momentos que lles fixeche pasar e axudarlles a que o curso resultara tan levadeiro e divertido, a vez que aprenderon moitas cousas novas.
ResponderEliminarQue teñas mui bo verán!
Gracias a ti Patricia por todo o que lles enseñaches ,mimaches e por compartir con nos todos eses momentos.Felices vacacions
ResponderEliminarGracias a ti por todo o q lles ensinaches, sempre de forma divertida para eles. Disfruta das merecidas vacacións.
ResponderEliminarGRACIAS POR AXUDARLLES A MEDRAR OUTRO POUQUIÑO,ASI A PASIÑOS CANDO NOS DEAMOS CONTA VAN FEITOS TODOS UNS MOZ@S(TANTO ACADEMICAMENTE,E COMO PERSOAS TAMEN),QUE NO COLE APRENDESE UN POUCO DE TODO.......
ResponderEliminar