luns, 25 de novembro de 2019

25 de Novembro

Hoxe celebramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero participando en dous grandes proxectos.

O primeiro impulsado desde o CEIP Aquilino Iglesias Alvariño chamado #Equaliter no que levamos participando xa uns anos. Desta vez consistía en que cada un de nós dexase a súa pegada na contorna dun paxaro. E así foi o mural que fixemos entre todo o colexio.


E tamén partipamos na proposta do Concello de reunirnos todos xuntos na praza da Constitución para ler un manifesto e berrar todos a unha pola erradicación da violencia. Levamos un zapatiños vermello como símbolo de loita.

  


  

  

Sacamos todos unha foto de familia coa camiseta que nos regalou o Concello co lema "Vilalba en Negro".



E ao chegar, unha foto da pequena familia que montamos na clase.








Ningún comentario:

Publicar un comentario