luns, 18 de novembro de 2019

Inauguración do Dojo Banco

Hoxe (por fin!) inauguramos o Dojo Banco.
Está situado nunha esquina da aula.
Nas caixas hai todo tipo de billetes e moedas, todas co selo do Dojo Banco. 






Cada un foi ao caixeiro e sacou en efectivo a cantidade que tiñan nas súas contas. 
Despois pasaron pola tenda e a maioría decideu mercar algo, aínda que houbo quen prefireu aforrar.


Desta volta todos os prezos foron sen céntimos, pero as seguintes serán con prezos máis complicados. 

Traballar os cartos é algo tremendamente importante. Manexar os billetes e as moedas, saber dar as voltas... Parécenos moi sinxelo desde o punto de vista adulto, pero hoxe houbo un par de preguntas tipo "onde hai o billete de 6€?". 

1 comentario: