Hoxe tendes unha nova carpeta de inglés que poderedes imprimir na casa ou na libraría Andel.
Moitos de vós tendes dúbidas sobre como vai ser esta terceira avaliación tan atípica, así que comunícovos que tendes as adaptacións que fixemos ás nosas programación premendo aquí.
Se ledes o apartado de avaliación, atoparedes cales son as porcentaxes que usaremos para poñer unha calificación a esta avaliación:
- 80% do valor é a calificación da segunda avaliación.
- 20% do valor é a entrega das tarefas que estamos pedindo neste tempo, así como o interese por facelas e a calidade das mesmas.
Por iso recórdovos que, aínda que a nota da terceira avaliación non pode ser inferior á da segunda avaliación, non olvidedes enviar os vosos traballos (os que tendes algunha cousiña atrasada recibiredes hoxe unha mensaxe por ClassDojo).
Unha aperta enorme e a traballar un pouquiño!
MATEMÁTICAS
Carla te ha tocado este problema, ¡suerte!
Hoy vamos a tener la primera toma de contacto con los cuerpos geométricos que llamados así seguro que no sabes lo que es, pero ya verás como te suenan. Dale a la imagen y te aparecerá un pequeño vídeo y un ejercicio.
¿Verdad que te sonaban? Coge tu libreta y pon un título chulo "CUERPOS GEOMÉTRICOS".
Después, abajo, ve escribiendo los nombres e intenta dibujarlos. Deja suficiente espacio entre cada uno de ellos porque tendrás que escribir algo más a lo largo de esta semana. Intenta que te quede algo así..
LINGUA
Ditado
Preme na seguinte imaxe e traballa os determinantes artigos (o, a, os, as, un, unha, uns, unhas).
SOCIAIS
Xa traballamos o Paleolítico, o Neolítico e a Idade dos Metais.
Esta é una ficha resumo do neolítico e se te fixas traballaban a arxila igual ca ti este curso!
Durante este momento da Prehistoria o home, o ser humano, como o coñecemos a día de hoxe ía evolucionando. Unha etapa moi coñecida é a do Home de Cromagnon!
Aquí tes un pequeno resumo de quen foi ese home (non o copies no caderno, so é para ler).
Agora mira este capítulo de "Érase una vez el hombre".
Cando remates, bótalle un ollo a esta letra e cópiaa na túa libreta. Despois dálle ao play e a cantar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario