venres, 22 de maio de 2020

VENRES 22

Bo día a todos!

Antes de nada, non vos asustedes porque hoxe a entrada é moi longa... Fóisenos un pouco da man e pedímosvos perdón!!!

Hoxe só tendes que facer matemáticas e sociais. 

A actividade de Lingua é para facer con moita tranquilidade e tendes ata o 1 de xuño (se mal non recordo) para facela, así que con calma.

A actividade de Valores podédela facer todos porque é ver unha curta marabillosa. Podédela ver en calquera momento durante a fin de semana.

Xa sabedes que as cousas non corren présa e que agora mesmo, co solazo que fai, o mellor é ir dar unha volta en bici ou tomar a vitamina D que nos aporta o soliño.

Un bicolo a todos!!

Ana e Patricia


MATEMÁTICAS
Aioub te ha tocado el siguiente problema. ¡A por él!


Uno de los grandes descubrimientos de esta cuarentena ha sido la página de donde sacamos estas fichas interactivas. Hoy vamos a repasar el sistema monetario.

Cuando terminéis las fichas en el botón "FINISH" os aparecerá "Email my answers to my teacher". Le dais ahí y completais los espacios:

Student name: con vuestro nombre.
Level/group: 3º A o 3ºB.
School subjet: mate.

¡Ahí van!






LINGUA

Hoxe recibirás unha mensaxe de ABALAR para facer unha actividade conxunta todos os nenos do colexio, pero as profes de terceiro ímos darche unhas instrucións para que quede ben chula.

Antes de nada, sabes o que é unha cápsula do tempo?

Imaxina que un día recollendo no faiado atopas unha caixa vella e chea de pó. Ábrela e dentro hai fotos de fai moitísimos anos e unha carta escrita a man por alguén que non coñeces. Fálache do que está pasando naquel momento, así que logo acabas deducindo que a escribiu o teu avó cando era un neno. Esa caixiña vella sería unha cápsula do tempo.

Nós propoñemos que escribades a vosa cápsula do tempo e contedes o que estades a vivir. Podes empezar coma se fose unha carta e así traballarás a súa estrutura, quizáis un "Benquerido (o voso nome) do futuro" quede bastante chulo 😁 
Déixoche aquí cal é a estrutura:



Pensa ben porque tes un montón de cousas que contar: como vos sentistes aquel xoves de marzo cando a profe estaba nerviosa e vos dixo que non habería máis clase, como foi a primeira semana, a segunda... como che custou coller o ritmo de traballo sen ir ao colexio, sen ver aos teus amigos, sen poder saír á rúa a xogar... como te sentiches cando vías as noticias tan malas que había, ou cando puideches saír por primeira vez... 😖😟😠😡😩😦😥😣😤😰😲😵

Toma o teu tempo para organizarte e vai escribindo. Cando remates, pídelle a alguén que a lea e che axude a corrixir algún erro que poidas ter. Pásaa a limpo, sácalle a foto máis clara e nítida que poidas e mándalla á túa profe.

Cando teñamos todas as vosas cápsulas (a data de entrega está na mensaxe de ABALAR), xuntarémolas e faremos unha enorme que quedará no colexio, así dentro de moitos anos, todos poderán ler o que vos pasaba naquela primavera de 2020.



SOCIAIS




















VALORES








21 comentarios:

  1. Ola. Nos xogos de matemáticas cando lle dou a finish, non podo meter o correo de Ana, só podo poñer o meu nome, o curso e a asignatura.
    Un biquiño. Paula

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Pauli, escribe eso e dálle a enviar igualmente.
      Un bicolo!!

      Eliminar
  2. Hola! Son Lucas H. a min tamen me pasa o mismo que a Paula.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Lucas. Cubre o teu nome, curso e colexio e dálle a enviar.
      Un biquiño!

      Eliminar
  3. hola soy aioub en el 8 de maio cual es el collar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Aioub. La actividad del 8 de mayo no es un collar, es un collage. Un dibujo hecho pegando cosas como macarrones, lentejas, telas...

      Eliminar
  4. y en el 15 lo que madaste en el movil

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. El día 15 se pidió una poesía pequeña. Acuérdate de la rima!

      Eliminar
  5. hola son Vicente unha pregunta o de valores temolo que facer todos os nenos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Vicen, a curtametraxe podédela ver se queredes.
      Un biquiño

      Eliminar
  6. Ola Son Lucas Guizán, os vídeos da prehistoria son os que máis me gustan! O vídeo de valores xa o viramos con mamá tres ou catro veces.
    Tamén é moi bonito este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=OHma93eZiBY
    Disfrutade do finde.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que bonito! Gracias Lucas pola recomendación!
      Bo finde para vós tamén. Un bicolo!!!

      Eliminar
  7. Ola son Adrián a min pásame o mesmo non o podido mandar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Adri.
      Cubre os ocos que che pide e dálle a enviar. Un biquiño

      Eliminar
  8. Ola a todos!
    Pensei que podiades escribir o email da profe, pero vexo que non...

    Cando cubrides o voso nome, curso e cole, e lle dades a enviar, chéganme a min e eu xa llos mandarei a Ana.

    Un besiño a todos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. hola son Vicente eu puxen o teu correo arriba de todo logo o curso e por último o cole,non sei si che chegou

      Eliminar
    2. Ola Vicen, si que chegou. A próxima vez pon o teu nome, pero hoxe vale así.
      Un besiño

      Eliminar
  9. Hola son Laura!! Eu si que puxen o correo de Ana. Puxome todo ok!! Espero que chegara. Bo finde!

    ResponderEliminar
  10. Hola Patricia. Son Sofía, tuven que facer o exercicio das moedas varias veces porque non grababa o que queria poñer.

    ResponderEliminar
  11. Hola , Patricia Temos un problema con hordenador que non marca os céntimos cando o solucione mando

    ResponderEliminar