domingo, 24 de xuño de 2018

Despedida

E o curso chegou ao seu fin... Pechamos dous anos xuntos que nos deixaron cheos de recordos, aventuras e descubrimentos.

Quérovos agradecer a todos que confiarades en min a educación dos vosos fillos. Ao longo destes dous cursos, todo foron palabras boas e moita coordinación e colaboración, e iso os nenos nótano.

Despois de conseguir todas as enquisas que vos mandei, o resultado foi que os contidos destes dous anos permanecerán no blogue. A min tamén me daba pena ter que borrar todo, pero non é decisión miña. Sodes vos os que tedes que decidir sobre a protección de datos. De todos os xeitos, calquera cousa que preferides que non esté, ou dentro de tres anos nos de vergoña atopar, mandádesme un email e xa arreglariamos (recordo o email patriciabermudez@edu.xunta.es).

Como lle dixen aos nenos o xoves, non quero ver caras tristes. Non me vou para Burkina Faso, quedo en Vilalba e ímonos ver moitas veces pola vila. Eu recordareivos a todos e agardo que vós non me esquezades.

Aquí vos deixo o último vídeo deste curso.


Por certo, houbo quen olvidou na clase os rotuladores, unha carpeta ou as caixas dos xogos. Subirei todo ese material para a aula de 3º B ao igual que o montonazo de folios que sobrou.

Unha aperta moi grande a todos e moitísimas gracias por todo.

martes, 19 de xuño de 2018

Por se vos preguntades...

Por se vos preguntades que fixemos cos nosos moluscos compañeiros...

Quixemos poñerlles nome, así que fixemos unha votación con reconto e ao final, saíron cinco nomes:
Cristiano, Lili, Lolo, Peludín e Florinda.

Como había nomes femininos e masculinos tivemos que buscar como os podiamos diferenciar. E aí dámoslle as gracias a Andrea porque despois de preguntar na casa, contounos que as femias teñen a cuncha máis escura e os machos, máis clara.

Femia

Macho


Tais, á que tamén lle damos as gracias, tróuxonos un esquema sobre a morfoloxía do caracol. Despois de estudialo, vimos que teñen vaxina e pene, polo que houbo un pouco de controversia na clase.

Como é posible ter os dous órganos? Descubrimos o que significa ser hermafrodita e como se reproducen os caracois.

Despois, xa houbo máis festa. Colocámolos nunha pista de atletismo e "un, dous, tres, a correr!"




O que vedes blanco, é fariña. Aos caracois encántanlle e por iso ían todo recto!

Imaxinade quen gañou...







Despois de comer e correr, démoslles unha despedida e soltámolos no patio. Ao fin e ao cabo, son animais salvaxes.





Cuentacuentos

Estas últimas semanas de colexio estivemos traballando nuns contos tradicionais. Xuntámonos en grupos e escribimos o guion. Aqui tedes o resultado!








martes, 12 de xuño de 2018

Carné de boli

Hoxe saíron do cole dez posuidores do "Carné de boli", noraboa!


Foi unha proba moi complicada consistente en escribir dúas veces o abecedario, unha en maiúsculas e outra en minúsculas. Despois, copiar da pizarra un pequeno texto de apenas catro liñas.

As gomas gardadas e só co lapis enriba da mesa, moita concentración e motivación por conseguir o carné
















Despois tocou coavaliar. Todas as probas pasaron por todas as mans e segundo o criterio de cada un, votouse "a favor" ou "en contra" da obtención dos carnés. 

Tamén é importante a autoavaliación, xa que aínda hai quen aos desastres propios dálles para adiante, pero ao mínimo erro do compañeiro, dálle para atrás... 



Con todo isto traballamos a escritura, a caligrafía e a atención dun xeito moito máis entretenido. Foi unha actividade motivadora xa que podemos ver un resultado inmediato: a obtención do carné.

Mañá faremos a "repesca" e a ver se todos conseguimos o noso Carné de boli!



luns, 11 de xuño de 2018

Sal Soliño!

Visto que o Sol está un pouco preguiceiro, hoxe fixemos esta actividade para que vexa que o botamos de menos.

É unha actividade básica no método ABN. Proponse un número que se coloca no centro e a xeito de raios de luz, fanse diferentes descomposicións. Todo está permitido: sumas, restas, multiplicacións...

Hoxe foi o primeiro día que cada un fixo o seu Sol na libreta, despois de habelo traballado na pizarra só cinco veces!! Fixádevos en cada unha porque eu quedei abraiada!

O número elixido foi o 89 e normal sería atoparnos con sumas sinxelas: 80 + 9, 81 + 8... pero houbo quen imaxinou e imaxinou e chegou a descomposicións incríbles.

104 - 15
102 - 13
11 x 9 -10
47 + 42
11 x 8 + 1
91 - 2
100 - 11
10 x 8 + 10 - 1













Como me dixo Íker ao rematar a actividade e ver a miña cara de felicidade: 
-Profe, isto xa é un bo regalo de cumpreanos.

Toda a razón, ver como evolucionan e chegan a facer estas cousas é o mellor agasallo!

xoves, 7 de xuño de 2018

La palabra de hoy

Hoxe estreamos un novo cartel para traballar na recta final de curso e afianzar os conceptos máis básicos da lingua: vogais, consoantes, letras, sílabas, orden alfabética...

Aquí temos o resultado do traballo de Fátima.


Bingo!

Hoxe na hora de matemáticas estivemos xogando ao bingo e pasámolo xenial. Estivemos toda unha hora facendo cálculo mental e cun nivel de concentración altísimo. Foi tan alto, que se nos pasou o tempo voando!










É un xogo moi sinxelo no que só precisamos un cartón de bingo para cada neno con varios números ata o 99 e un rotulador. 

Neste caso, non cantamos os números senón que tivemos que facer mentalmente a conta que nos pedían e, con sorte, depois riscalo. As contas foron de todos os niveis: 3 +2, 6 x 6, 90 - 5...

Ao final tivemos tres gañadores, pero no Bingo o importante é participar e ter moita sorte!

Medalla de ouro


Medalla de prata

Medalla de bronce








mércores, 6 de xuño de 2018

Novos compañeiros

Hoxe chegaron á clase sete novos compañeiros: cinco caracois e dúas miñocas.

Non sabemos como se chaman pero nós poñerémoslles uns nomes que todavía temos que pensar.





Estas serán as súas habitacións de vacacións xa que só queremos telos con nós unha semana. Ao fin e ao cabo, somos conscientes de que son animais salvaxes e o seu hábitat non é estar nunha aula.