luns, 11 de xuño de 2018

Sal Soliño!

Visto que o Sol está un pouco preguiceiro, hoxe fixemos esta actividade para que vexa que o botamos de menos.

É unha actividade básica no método ABN. Proponse un número que se coloca no centro e a xeito de raios de luz, fanse diferentes descomposicións. Todo está permitido: sumas, restas, multiplicacións...

Hoxe foi o primeiro día que cada un fixo o seu Sol na libreta, despois de habelo traballado na pizarra só cinco veces!! Fixádevos en cada unha porque eu quedei abraiada!

O número elixido foi o 89 e normal sería atoparnos con sumas sinxelas: 80 + 9, 81 + 8... pero houbo quen imaxinou e imaxinou e chegou a descomposicións incríbles.

104 - 15
102 - 13
11 x 9 -10
47 + 42
11 x 8 + 1
91 - 2
100 - 11
10 x 8 + 10 - 1













Como me dixo Íker ao rematar a actividade e ver a miña cara de felicidade: 
-Profe, isto xa é un bo regalo de cumpreanos.

Toda a razón, ver como evolucionan e chegan a facer estas cousas é o mellor agasallo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario