domingo, 3 de xuño de 2018

50 anos educando

Do 21 ao 25 de maio estivemos celebrando os cincuenta anos do colexio cun montón de actividades.

A semana comezou cunha viaxe ao curso escolar 67/68 e dividíronnos en clase de nenas e clase de nenos.

Houbo unha exposición de material escolar da época cun pousadoiro...





O luns tivemos que escribir como fai cincuenta anos, cunhas letras reviradas que nos chamaron moito a atención.



O martes cantamos as táboas de multiplicar e vimos como era a televisión daquela época.






O mércores tocoulle a quenda ás manualidades. Ás nenas tocoulles facer mariquiñas e aos nenos traballos con palillos.





O xoves, vestidos para a ocasión, fomos ao pousadoiro e acudimos ao guateque con música das décadas dos 60 e 70.





E por último o venres xogamos aos xogos de antes, témoslle que dar as grazas a XOTRAMU por traernos uns xogos tan chulos!







Ningún comentario:

Publicar un comentario