martes, 19 de xuño de 2018

Por se vos preguntades...

Por se vos preguntades que fixemos cos nosos moluscos compañeiros...

Quixemos poñerlles nome, así que fixemos unha votación con reconto e ao final, saíron cinco nomes:
Cristiano, Lili, Lolo, Peludín e Florinda.

Como había nomes femininos e masculinos tivemos que buscar como os podiamos diferenciar. E aí dámoslle as gracias a Andrea porque despois de preguntar na casa, contounos que as femias teñen a cuncha máis escura e os machos, máis clara.

Femia

Macho


Tais, á que tamén lle damos as gracias, tróuxonos un esquema sobre a morfoloxía do caracol. Despois de estudialo, vimos que teñen vaxina e pene, polo que houbo un pouco de controversia na clase.

Como é posible ter os dous órganos? Descubrimos o que significa ser hermafrodita e como se reproducen os caracois.

Despois, xa houbo máis festa. Colocámolos nunha pista de atletismo e "un, dous, tres, a correr!"




O que vedes blanco, é fariña. Aos caracois encántanlle e por iso ían todo recto!

Imaxinade quen gañou...







Despois de comer e correr, démoslles unha despedida e soltámolos no patio. Ao fin e ao cabo, son animais salvaxes.





Ningún comentario:

Publicar un comentario